O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado da número 2 ao Congreso dos Diputados, Pepa Pardo, o primeiro suplente ao Senado, Guille Juncal, e a responsable da formación na parroquia, Aroa Otero, mantiveron onte a última hora da tarde un encontro coa veciñanza de Ponte Sampaio.
Na reunión abordaron diversos aspectos de interese para a parroquia e tamén se falou da importancia das eleccións nacionais deste domingo. Os populares aproveitaron para falar do proxecto do Partido Popular para España e departiron coa veciñanza sobre as propostas de Alberto Núñez Feijóo para que España recupere o prestixio que nunca debeu perder como país.

