Presentación do Entroido de Cobres nas parroquias

adminON
Lectura mínima de 1

Presentación do Entroido de Cobres que tivo lugar esta mañán en tres lugares de Vilaboa: Santa Marta, Figueirido e Postemirón.

Parellas de nenos e adultos achegaron o ritmo do Entroido, como antesala da programación que se desenvolverá do 10 ao 13 de febreiro, polas aldeas, acompañados dos grupos musicais.

Arredor dunhas 70 persoas, entre parellas de baile e músicos, escenificaron a beleza do Entroido de Cobres coas súas danzas. Madamas e Galáns fixeron partícipes desta presentación ao público asistente, convidándoos a acompañalos na danza.
Esta tarde terá lugar ás 16.30 horas a presentación en As Salinas

Comparte este artigo