HomePontevedraPresentación do libro “As horas mortas” e visita guiada ao cemiterio dos...

Presentación do libro “As horas mortas” e visita guiada ao cemiterio dos Eidos

- Anuncio -spot_img

–  Este sábado, 31 de maio, ás 18:00 horas na Oficina de Turismo de Redondela terá lugar a presentación do libro “As horas mortas” a cargo da autora, Emma Pedreira, no que fai un repaso por diferentes camposantos galegos, entre eles o dos Eidos. Ao remate da presentación, ás 19:00, farase unha visita guiada a este campo santo redondelán, declarado o cemiterio “máis bonito de España”.

A oficina de Turismo de Redondela acolle este sábado día 31 a presentación do libro “As horas mortas”, de Emma Pedreira Lombardía. O acto, organizado polo Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy en colaboración do Concello, contará coa participación da autora. Emma Pedreira naceu na Coruña e é licenciada en Filoloxía Hispánica, poeta e narradora. En 2018 gañou o Premio da Crítica de Narrativa Galega pola obra “Bibliópatas e fobólogos” e o Premio Xerais de novela, por “Besta do seu sangue”. En 2019 gañou o Premio Jules Verne de literatura juvenil con “Os corpos invisibles” acadando tamén o premio ao mellor traballo xuvenil nos Premios da Gala do Libro Galego, en 2020. Na súa última obra, “As horas mortas”, fai un repaso por diferentes camposantos galegos, entre os que se atopa o redondelán dos Eidos, analizando aspectos sociais, históricos e artísticos.

A presentación do libro será ás 18:00 horas e ao remate, ás 19:00 horas, realizarase unha visita guiada ao Cemiterio de Eidos, declarado o cemiterio “máis bonito de España”. Ambas actividades con entrada libre ata completar o aforo.

Publicacións Relacionadas