Os concellos de Cuntis, Caldas de Reis, Portas, Barro, A Estrada e Moraña, van a poñer en marcha un novo Programa Integrado de Emprego. Este programa esta cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Servizo Publico de Emprego Estatal
Nos proxectos precedentes conseguiuse un alto porcentaxe de colocación das persoas participantes no programa. As persoas que poden participar son aquelas que sexan demandantes de emprego e que están empadroadas nalgún dos seis concellos mencionados e que pertenzan aos colectivos aos que vai orientado o programa.
Contemplase a realización das seguintes accions:
a) Información, orientación e asesoramento.
b) Formación:
c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
e) Fomento da capacidade emprendedora.
f) Prospección empresarial.
g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
h) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico-práctico das accións formativas.
i) Obradoiros sobre mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos dispoñibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea (rede Eures), así como outros que informen as persoas usuarias das posibilidades de inserción laboral ao ampliar o ámbito xeográfico de busca de emprego fóra do concello de residencia.
Esta prevista a realización de diferentes actividades formativas, asi como practicas en empresas, entre outras:
Actividades básicas de loxística de almacén as de loxística de almacén
Técnicas de venda en froitería, peixería e en carnizaría-chacinaría
Operativa de Caixa-terminal punto de venda
Habilidades sociais: comunicación, intelixencia emocional traballo en equipo
Técnicas de busca de emprgo eficaz
PRL para o manexo de desbrozadora e motoserra
MS WORD 2016 avanzado
MS EXCEL 2016 avanzado
Informática básica
Conducción de carretillas elevadoras
Todas as persoas inscritas no programa percibiran unha axuda de 10€/día pola súa asistencia as diferentes actividades nas que participen. Tamén se contempla a posibilidade de sufragar servizos para facilitar a conciliación das persoas participantes no programa, ademais de contar cos centros e servizos propios dos concellos participantes como son:
Programa Cuntilín, para o lecer, coidado e desenvolvemento dos e das cativos/as
Gardería municipal.Servizo de “Madrugadores no CIP Alfonso VII”.
Ludoteca municipal nos meses de verán e en datas de vacacións escolares.
Centros de día .Servizos de atención ao domicilio.
Servizo de atención temperá
Todas as persoas interesadas poden poñerse en contacto nos teléfonos dos diferentes concellos. Cuntis 986548708,986532579, Caldas 986530814, Barro 986714806, Portas 986536925, Moraña 986553005, A Estrada 986677740