Os Reis Magos sementarán ilusión polas parroquias de Oia na tradicional cabalgata do día 5

adminON
Lectura mínima de 1

As súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán as parroquias de Oia ao longo da xornada do 5 de xaneiro, saudando a todas as persoas que saian ao seu encontro.
Melchor, Gaspar, Baltasar e a súa comitiva irán sementado ilusión polo municipio, previamente a súa atarefada noite de traballo repartindo agasallos por todas as casas.
O itinerario da cabalgata será o seguinte:
-A Portela: 11.00h
-Mavia e Santa Comba: 11.30h
-Acevedo: 12.00h
-Praza de Loureza: 12.30h
-Praza de Burgueira: 13.00h
-Praza de Torroña: 13.30h
-Casa cultural de Viladesuso: 15.00h
-Casa Cultural de Pedornes: 15.30h
-Baixada ao Mosteiro: 16.15h.
Neste tramo, os reis irán acompañados da Rondalla de Mougás. Desde alí a comitiva trasladarase á igrexa parroquial de Santa María de Oia, onde haberá canto de panxoliñas e terá lugar a entrega de premios das postais da catequese.
-CEIP Mestre Manuel García: 17.15h. Recepción aos reis e festa con agasallos, chocolatada e animación infantil.
-Casa Cultural de Mougás: 19.00h

Os horarios poderán sufrir modificacións por mor da choiva. A información irase actualizando na web do Concello (www.concellodeoia.es) e no facebook da Oficina de Turismo de Oia.

Comparte este artigo