Home Pontevedra Protección Civil Pontevedra inicia este sábado unha campaña de captación de voluntariado

Protección Civil Pontevedra inicia este sábado unha campaña de captación de voluntariado

- Anuncio -

O sábado, 16 de novembro, os voluntarios estarán na praza da Peregrina en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.

O domingo 17 trasladaranse a Monte Porreiro. As saídas continuarán o sábado 23 no campo de fútbol Manolo Barreiro e o domingo 24 na praza da estación de autobuses.
A agrupación dispón de 27 persoas afiliadas que dispoñen de formación impartida pola Academia Galega de Seguridade e homologada pola Xunta de Galicia.

A Agrupación de Protección Civil de Pontevedra inicia esta fin de semana unha campaña de captación de voluntariado co obxectivo de ampliar a súa base de afiliados e afiliadas que na actualidade é de 27 persoas.

A primeira xornada será este sábado, 16 de novembro. En horario de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas os voluntarios e voluntarias de Protección civil estarán na praza da Peregrina ofrecendo información á veciñanza sobre os labores que fan desinteresadamente á sociedade así como a formación que reciben. Instalarán unha carpa, entregarán folletos nos que se resume a súa actividade e resolverán as dúbidas de todos os que se acheguen até a Peregrina.

O domingo 17 a carpa de Protección Civil trasladarase á praza de Europa do barrio de Monte Porreiro no mesmo horario que o sábado.

A campaña continuará o vindeiro fin de semana. O sábado 23 de novembro estarán na Xunqueira, na entrada ao Campo de fútbol Manuel Barreiro, e o domingo, 24 de novembro, estarán na praza da estación de autobuses. Ámbolos dous días estarán nos mesmos horarios que este sábado: de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
Adelaide Lopes, presidenta de Protección Civil Pontevedra -a primeira muller que dirixe o corpo- xa adiantou que en Pontevedra o voluntariado está protexido pola Academia Galega de Seguridade. Está na rúa, pero cunha formación específica e está preparado para facelo.
Funcións e formación

Protección Civil Pontevedra é un corpo moi importante na colaboración cos equipos de seguridade e emerxencias da cidade. O seu labor é practicamente diario e ten múltiples funcións como a vixilancia do Camiño Portugués, asistencia a Bombeiros, busca de persoas desaparecidas, apoio á Policía, apoio en traballos forestais, control de eventos, avaliación de zonas, xestión en inundacións, atención e resposta en emerxencias…

Ademais, ofrece formación de balde en disciplinas como os primeiros auxilios, uso de maquinaria ou comunicacións. Tamén se beneficia de cursos da Axencia Galega de Seguridade que están homologados pola Xunta de Galicia como pode ser o caso de condución de vehículos todoterreo, licenza de navegación, apoio na xestión de accidentes en estrada, prevención e loita contra os incendios urbanos e forestais…
Tamén dispón un importante número de recursos propios para desenvolver os seus traballos como lanchas, vehículos… e instalacións propias en Pasarón.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas