Rafa Domínguez saúda aos integrantes da Asociación Amizade e da Sociedad Española de la Camelia que desfrutarán das actividades de +Convivencia

adminON
Lectura mínima de 1

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, saudou este sábado no pavillón de deportes de Pontevedra a integrantes da Asociación Amizade e no peirao da cidade á Sociedad Española de la Camelia que participan nas actividades do programa provincial +Convivencia. En concreto trátase dun grupo de 50 persoas da Asociación Amizade que van realizar una saída náutica pola ría de Vigo e outros preto de 50 da Sociedade Española de la Camelia que van realizar unha visita cultural á illa de Tambo e Combarro.

+Convivencia, dotado de 275.000 euros (fronte aos 220.000 euros de 2024) é un programa de grande éxito posto en marcha pola Deputación para facilitar o intercambio de experiencias e o coñecemento do patrimonio da provincia de Pontevedra. As asociacións poden organizar as actividades pola súa conta, contribuíndo ao desenvolvemento do comercio local, con axudas de ata 1.200 euros.

Comparte este artigo