A Asociación de Veciños de Monte Castelo e a Comunidade de Montes de Ardán levaron a cabo unha iniciativa de mellora medio ambiental no antigo camiño de Pastoriza, na parroquia de Ardán, onde se produciu un verquido ilegal de rodas de pneumáticos. Eles encargáronse de quitalos do monte e o Concello xestionou o seu traslado a un vertedoiro autorizado.
Desde o Goberno local, condéase a existencia deste tipo de infraccións en materia de residuos, que danan o espazo de todos e todas, e agradecen profundamente á asociación e á comunidade de montes a súa implicación e iniciativa neste sentido.

