HomePontevedraRedondela aposta pola integración laboral das persoas con diversidade intelectual

Redondela aposta pola integración laboral das persoas con diversidade intelectual

- Anuncio -spot_img

Redondela aposta pola integración das persoas con diversidade intelectual, e para iso é imprescindible alcanzar unha plena inclusión na sociedade, tamén no eido laboral. Con este obxectivo o Concello ten un convenio coa Asociación Aceesca e o seu Centro Especial de Emprego. Desde o seu servizo de xardinería encárganse do mantemento do cemiterio e parque dos Eidos, a onde se desprazaron a alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro da área, Pedro Villaverde. Rivas destacou o gran traballo que están a facer tanto neste entorno como na Fonte do Mouro e o espazo coñecido como parque de Fenosa.

Publicacións Relacionadas