Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Redondela homenaxea a Luisa Villalta no Día das Letras Galegas

Redondela homenaxea a Luisa Villalta no Día das Letras Galegas

- Anuncio -

O violín, o instrumento que tocaba Luísa Villalta, soou hoxe na Alameda Castelao para homenaxear á escritora, música e mestra a quen este ano se dedican as Letras Galegas. O acto institucional celebrouse esta mañá coa participación de alumnado dos colexios de Cedeira, Reboreda e Porto Cabeiro. O técnico do SNL, Xurxo Martínez, foi o encargado de presentar o acto e dar paso a Raquel, Irea, Leire, Manuel, Lara e Xoel, a rapazada encargada de falar da vida e a obra de Luísa Villalta.  A alcaldesa, Digna Rivas, agradeceu aos nenos e nenas o seu “esforzo e valentía” por participar neste acto institucional “que será un bo recordo para eles e un lazo coa lingua galega”. A música de violín, o instrumento de Villalta, correu a cargo de Estefanía, alumna do Conservatorio Superior de Música de Vigo á quen Rivas agradeceu a súa participación. O acto rematou coa ofrenda a Castelao e o himno galego.

A alcaldesa, responsable do Servizo de Normalización Lingüística do Concello, fixo fincapé en que Redondela é un referente na promoción da lingua galega “todos os días do ano, xa que a promoción do galego debe ser un traballo continuado”. Puxo como exemplo o ciclo de Teatro Infantil, o de Cinema en Galego, os proxectos de recuperación e difusión da toponimia, ou os contacontos ilustrados nas escolas, entre outras moitas actividades.

Tamén o Festival Internacional de Títeres ofrece unha ampla programación con compañías galegas, tanto neste días das Letras Galegas como durante todo o festival.

Por outra banda o Servizo de Normalización Lingüística repite a experiencia de “Unha semaniña enteira” que tanto éxito tivo nos institutos o pasado mes de abril. Desta volta, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, serán os colexios de primaria os que participen esta iniciativa que anima á rapazada a falar galego as 24 horas, os setes días da semana. A iniciativa comezou onte luns nos centros de Cedeira, Porto Cabeiro, Outeiro das Penas, Reboreda e Alexandre Bóveda. En total son arredor dun milleiro de alumnos e alumnas os que participan no reto. Como na anterior ocasión, desde o Servizo de Normalización Lingüística piden “ a colaboración de toda a comunidade educativa e dos distintos sectores sociais para acompañalos no uso do galego”, lembra Rivas, quen como responsable do departamento salienta que en Redondela “gústanos o galego, e gústanos todos os días do ano”.

Relacionadas

O Goberno Municipal de As Neves traballa en solucións reais para o SAF

0
O actual goberno municipal de As Neves, liderado polo alcalde Jose Manuel Alfonso, lamenta profundamente a campaña de desinformación que intenta promover o BNG...

A Deputación ultima o prazo para que o persoal técnico deportivo das entidades locais...

0
As axudas convócanse en colaboración coa Asociación do Deporte Español para sufragar os custos da realización do Curso de Competencias de Dixitalización, Innovación e...

A Deputación de Pontevedra abre o próximo venres a exposición “Espazos liminais na miña...

0
A mostra estará dispoñible ata o 22 de setembro na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas desde fai...

A Deputación retoma os obradoiros en familia sobre a exposición ‘A era das fábulas’,...

0
As actividades están dirixidos a nenas e nenos a partir de 6 anos acompañados dunha persoa adulta Dentro das actividades complementarias á exposición ‘A era...

A Deputación inicia a próxima semana máis de 20 novos obradoiros do programa Provincia...

0
Preto de 400 veciños de 15 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, competencias dixitais, ioga ou ximnasia de mantemento A Deputación...

O Pleno se Salceda Aproba por Unanimidade a Moción do Grupo Socialista que...

0
O Pleno Ordiario do Concello de Salceda de Caselas celebrado o pasado Xoves 29 de  Agosto aprobou por unanimidade a moción presentada polos concelleiros...

Publicacións Relacionadas