O Concello de Redondela abre o prazo de matrículas do 18 ao 28 de setembro para os cursos de formación en informática de 2025. Ofértanse un total de 112 prazas. Os cursos serán do 29 de setembro ao 18 de decembro de 2025, en horarios de mañás e tardes nas Aula Cemit de Redondela e de Chapela. Son catro cursos diferentes:
1. TRÁMITES ONLINE, IDENTIDADE DIXITAL E FIRMA ELECTRÓNICA.
2. COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS PARA A CIDADANÍA.
3. BASES DE DATOS DIRECCIONALES CON LIBREOFFICE MÓDULO BASE.
4. RETOQUE FOTOGRÁFICO.
Como sempre son actividades son de balde e neste caso están dirixidas a público adulto. Adxunto un documento con información específica de cada un deles.
Toda a info no apartado CURSOS da web: http://redondela.gal/gl/cursos
Adxunto tamén o cartel e fotografía do concelleiro de Novas Tecnoloxías, Antonio Cabaleiro, con alumnado participante nos cursos realizados no verán.