Redondela prepara a campaña do 25N en colaboración coa UVigo e a Subdelegación do Goberno

adminON
Lectura mínima de 3

– Grazas á unha iniciativa da Subdelegación do Goberno, os Concellos que como Redondela están adheridos a VIOGEN, realizarán a campaña institucional do 25 de Novembro,  Día Internacional contra a Violencia de Xénero, en colaboración coa Universidade de Vigo. A campaña está deseñada por alumnas do Máster en Dirección de Arte Publicitaria.

– A alcaldesa, Digna Rivas, explicou que Redondela escolleu o proxecto realizado por Sara Nieto, Laura González, Ana Tasende, Marta Rodal e Belén Alonso. A campaña céntrase no concepto de que a violencia machista é universal, “afecta ás mulleres dos cinco continentes, de todas as clases sociais e culturas” e promove que a resposta a esta violencia sexa tamén universal.

Redondela presentou esta mañá na Subdelegación do Goberno en Pontevedra a campaña a campañas institucional do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Grazas á unha iniciativa da Subdelegación do Goberno, os Concellos que como Redondela están adheridos a VIOGEN, realizarán a campaña en colaboración coa Universidade de Vigo. As campañas están deseñadas por alumnas do Máster en Dirección de Arte Publicitaria. En Redondela escolleuse o proxecto realizado por Sara Nieto, Laura González, Ana Tasende, Marta Rodal e Belén Alonso. A campaña céntrase no concepto de que a violencia machista é universal, “afecta ás mulleres dos cinco continentes, de todas as clases sociais e culturas” e promove que a resposta a esta violencia sexa tamén universal. A campaña, que se elaborará nos vindeiros meses, darase a coñecer nos medios de comunicación tradicionais e tamén dixitais, con mensaxes nas redes e tamén nos actos institucionais do Concello.

O Subdelegado do Goberno, Abel Losada, declarou que é unha “gran satisfacción” que unha iniciativa participada pola Subdelegación, os Concellos e a Universidade calle e chegue á cidadanía nun ámbito “tan sensible”. No acto, que contou con representantes dos demais Concellos participantes (Sanxenxo, Ponteareas, Moaña e Lalín), a alcaldesa Digna Rivas destacou “a decidida implicación do Concello de Redondela na loita contra a violencia machista”. Rivas salientou as campañas de prevención que se realizan ao longo de todo o ano, especialmente entre os mozos e mozas con charlas e obradoiros nos institutos. Destacou tamén a labor que se fai desde Redondela cos Premios de Xornalismo Ético Sesé Mateo, que recoñecen “a ética á hora de tratar informacións relacionadas coa violencia machista, fuxindo de sensacionalismos e respectando a intimidade das vítimas e as súas familias”.

Comparte este artigo