test
Home Pontevedra Redondela promove o uso da lingua na infancia co agasallo “Medrando co...

Redondela promove o uso da lingua na infancia co agasallo “Medrando co galego” para o novo alumnado de Infantil

- Anuncio -
  • A caixa de agasallo que reciben as familias inclúe libros, unha bolsiña da merenda, lapis de cores e unha friameira. “Trátase de ofrecer ás familias obxectos útiles, que os nenos e nenas poidan usar na súa vida cotiá con lemas en lingua galega”, explica a alcaldesa Digna Rivas.
  • Entre o material inclúese “A Cápsula do tempo”, un caderno que nenos e nenas irán completando ao longo de todos os cursos e que recibirán cando rematen 6º de primaria “como un recordo do paso pola escola e tamén da súa relación coa lingua galega” sinala Rivas.

A Concellería de Normalización Lingüística está a facer entrega ás familias dos novos alumnos e alumnas de Educación Infantil das caixas de agasallo “Medrando co galego” un proxecto pioneiro que se puxo e marcha hai dous anos para promover o uso do galego na infancia. Esta iniciativa é unha idea orixinal do departamento que dirixe Digna Rivas e que achega aos nenos e nenas libros e contos que fomentan o uso do galego, unha bolsiña da merenda, lapis de cores ou unha friameira. “Trátase de ofrecer ás familias obxectos útiles, que os nenos e nenas poidan usar na súa vida cotiá con lemas en lingua galega”, explica a alcaldesa. Entre o material desta caixa de agasallo está “A Cápsula do tempo”, un caderno que acompañará ao alumnado ao longo de todo o ciclo de ensino Infantil e Primaria. A rapazada irá completando cada curso este caderno, que quedará gardado na escola, e cando rematen 6º de primaria, no acto de despedida entregaráselles a cada un o seu libro “que será un recordo vivo do paso pola escola e tamén da súa relación coa lingua galega” sinala Rivas.
As caixas “Medrando co galego” son o resultado dun traballo colectivo entre o Servizo de Normalización e os equipos de dinamización dos centros escolares públicos de Redondela aos que Rivas “agradece a súa colaboración e participación, así como o interese dos equipos directivos dos distintos colexios que solicitaron participar”.
Dentro dos libros escollidos atópase os contos de Kalandraka cos cales aprenderlles palabras en galego; un libro dirixido aos pais e nais, didáctico, divertido, fácil de ler, no cal a través de 7 anécdotas se tratan cuestións sobre a situación social da lingua galega e os beneficios da educación bilingüe. Rivas engade que “esta iniciativa ten a intención de contrarrestar a perda de galego falantes, unha realidade constatada dende hai anos”.

O galego como patrimonio
Dende o departamento de NL convídase á cidadanía a ser conscientes “do patrimonio inmaterial que posuímos que é único no mundo”. A lingua e a literatura galegas estúdanse en numerosas universidades, dende Estados Unidos até Inglaterra, de Francia a Xapón. Rosalía de Castro é obxecto de teses en distintas linguas. “Todo ese patrimonio é noso, e o seu futuro non depende só das decisións da Administración, senón do conxunto do pobo de Galicia, das institucións e das familias”. Por iso animan ás familias “a marcar o galego nas enquisas lingüísticas dos centros de ensino para que sexa a lingua vehicular nas aulas”.
De cara ao alumnado que comezará en setembro no ciclo de Infantil, desde o Concello xa se fixo entrega das caixas de agasallo ás familias dos colexios CEIP Alexandre Bóveda, CEIP Cedeira, Porto Cabeiro, Igrexa e Reboreda. En vindeiras datas farase tamén na EEI Marisma, CEIP Outeiro das Penas, EEI San Pedro, EEI Ventosela e os CEIP de Laredo e Quintela.

Relacionadas

A Deputación dá comezo a catro novos obradoiros do programa “Provincia activa”, co que...

0
Na vindeira semana iniciarán os talleres máis de 40 persoas maiores de catro asociacións de Cambados, Mos e Ponteareas A Deputación de Pontevedra continúa desenvolvendo...

Ponteareas celebrou a diversidade cunha xornada cargada de actividades e sensibilización

0
Os Xardíns da Xiralda acolleron a lectura do manifesto a cargo da alcaldesaManualidades, xogos, espectáculos, desfile, karaoke e proxeccións O Concello de Ponteareas reivindicou o...

O concello acolle a Festa do Motor na previa da XX Edición do Rally...

0
• O evento servirá para presentar os coches que correrán representando a Ponteareas • Ponteareas conta por vez primeira cunha partida para subvencionar o deporte...

O pleno da Deputación súmase ao Parlamento Galego e ao Congreso dos Deputados para...

0
Nesta sesión ordinaria aprobouse por unanimidade a candidatura para o proxecto turístico transfronteirizo “Visit Rio Minho Plus”, para a consolidación da marca e a...

A feira Galiforest Abanca 2024 intensifica hoxe as demostracións en vivo de maquinaria, sistemas...

0
• NUMEROSOS EXPOSITORES MOSTRAN OS SEUS PRODUTOS EN FUNCIONAMIENTO NAS SÚAS PARCELAS OU NUNHA ZONA HABILITADA PARA ISO, CO OBXECTIVO DE QUE OS VISITANTES...

Mos implica aos colectivos de idades máis curtas e maiores para demostrar que o...

0
O municipio mosense tinguiuse hoxe multicolor coa colaboración das Escolas Infantís e do Centro de Día de Torroso para conmemorar o Día do Orgullo...

Publicacións Relacionadas