Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Redondela retira máis de 200 quilos de lixo do río Maceiras

Redondela retira máis de 200 quilos de lixo do río Maceiras

- Anuncio -

Alumnado do instituto Illa de San Simón e voluntarios do Programa de Voluntariado do Concello sumáronse á limpeza simultánea de ríos impulsada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega). O Concello colaborou co material necesario para a recollida dos residuos e a súa posterior retirada. A concelleira de Medio Ambiente, Pilar Martínez, sinala que estas xornadas buscan concienciar sobre a necesidade de manter limpos de residuos os cursos fluviais. O río escollido nesta ocasión foi o Maceiras, ao longo do paseo fluvial que é moi empregado pola veciñanza. A xornada de limpeza realizouse onte venres, e nunhas poucas horas voluntarios e escolares retiraron 200 quilos de lixo, con moitos restos de entullo, téxtil, tanto roupa como calzado, e tamén plásticos. Pilar Martínez sinalou que todo este lixo foi recollido só nun tramo do Maceiras, “o que lamentablemente quere dicir que son moitos os residuos que chegan ás canles dos ríos, e resulta sorprendente todo o que a xente tira nos espazos naturais”. A parte positiva de campañas como esta é ver “o compromiso da mocidade e do voluntariado coa protección do medio ambiente” .
Desde o Concello animan a toda a veciñanza a participar en labores de voluntariado ambiental. Pilar Martínez avanza que ao longo do curso seguirán realizando campañas de limpeza e educación ambiental co alumnado dos centros de ensino do municipio.

Relacionadas

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez na clausura da VI edición do “Foro La...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu na Illa da Toxa á clausura da sexta edición do “Foro La Toja. Vínculo Atlántico”,...

Arranca a conta atrás para o Samaín Briz, que volverá con forza o 31...

0
A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, xa mantivo varias reunións cos colectivos que colaboran no desenvolvemento da festa. Volverán as rutas do medo, as...

O Concello habilitará un novo aparcadoiro público na zona de Ponte Zapal cunha parcela...

0
A alcaldesa, María Ramallo, anuncia que se realizará un contrato de aluguer coa propiedade para a parcela, ubicada xunto ao actual aparcadoiro, no que...

Domínguez, sobre o alcalde e os bolardos: “Lores opta polo ‘comigo ou contra min’...

0
• O líder do PP defende eliminar as barreiras arquitectónicas que impiden o acceso dos corpos e forzas de seguridade ao centro urbano de...

Salceda estrea Pavillón de deportes renovado

0
O cambio de formigón pulido a tarima de madeira de faia supuxo un investimento de 92.338,60 € O Concello de Salceda de Caselas ven de...

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez no XXIII Encontro Internacional de Hospitaleiras e Hospitaleiros...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe no Salón Nobre do Liceo Casino de Pontevedra ao XXIII Encontro Internacional de Hospitaleiras...

Publicacións Relacionadas