- O Concello de Arbo convoca unha reunión o vindeiro 14 de maio ás 19:00horas no Salón de Plenos do Concello de Arbo para informar sobre a creación da Agrupación de Protección Civil en Arbo.
- Os días 24, 25 e 31 de maio e o 1 de xuño, EN ARBO, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte, en colaboración coa AGASP, impartira o CURSO BÁSICO DE PROTECCIÓN CIVIL.
O Concello de Arbo, xunto cos Concellos de As Neves e Crecente, están a constituír a AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS/AS DE PROTECCIÓN CIVIL RIBEIRA DO MIÑO.
A Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil Ribeira do Miño, que terá a súa base en Arbo, crearase como fin de establecer unha organización para a garantir a coordinación preventiva e operativa respecto da proteccións das persoas e bens ante os danos producidos polas situacións de emerxencia nos casos de grave risco, catástrofe ou calamidade pública.
A formación das persoas voluntarias comprende o coñecemento de funcións básicas de primeiros auxilios, emerxencias no ámbito familiar, accidentes de tráfico, organización de eventos con concentración de persoas e simulacros de evacuación – informa o alcalde de Arbo Horacio Gil. Os voluntarios/as da Agrupación serán formados e terán todos os coñecementos necesarias para actuar en caso de emerxencias – remata o rexedor
Para INFORMAR sobre a creación da Agrupación de Protección Civil de Ribeira do Miño, o próximo día 14 DE MAIO ÁS 19:00HORAS NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE ARBO terá lugar unha reunión informativa dirixida pola delegada de zona da APAV.
Despois da reunión, os INTERESADOS EN FORMAR PARTE DE DITA AGRUPACIÓN, poderán anotarse O CURSO BÁSICO DE PROTECCIÓN CIVIL, que impartirá a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte, en colaboración coa AGASP, os días 24, 25 e 31 de maio e o 1 de xuño, EN ARBO.
Ainda que o centro de operacións da Agrupación de Protección Civil Ribeira do Miño será no Concello de Arbo, lugar onde terá a base e os medios e efectivos da agrupación, este servizo imprescindible e importante para un concello e a súa poboación, dará cobertura aos Concello de Arbo, As Neves e Crecente.