Mañá domingo 31 de agosto, e se o tempo permíteo, terá lugar a tradicional Romaría da Virxe da Roca, no parque Mercedes da Escaleira, seguindo o arraigado costume da Real Villa.
A xornada comezará ás 12:30h. coa actuación do grupo de folclórico “Vos Trebellos” da Asociación Folclórica Airiños dá Lagoa de Baíña, e ás 13:00h terá lugar a Misa Solemne ao pé do monumento, e ao seu termo, continuará de novo a actuación do grupo folclórico.
Sobre as 14:00h, comezará a tradicional comida campestre. Os romeus que se acheguen este domingo ao Parque Mercedes da Escaleira, poderán degustar choripán, sardiñas, pan de millo e viño. Está previsto que, para a ocasión, ásense aproximadamente 250kg de sardiñas.
Xa pola tarde, en horario de 16:00 a 19:00h, e se as condicións climatolóxicas permíteno, contaremos con animación infantil, un inchable e pintacaras para amenizar a velada a todos os nenos e nenas que se acheguen á romaría.
Esta romaría está organizada preservando inalterables os costumes e tradicións da Vila que se remontan ao 18 de setembro de 1910, data na que se colocou a primeira pedra do monumento e na que se depositou unha caixiña de zinc contendo dúas moedas de ouro, dous de prata e dúas de bronce, xunto cunha copia da acta de tal acontecemento. A súa construción foi posible grazas á subscrición popular e a unha importante colecta realizada entre os emigrantes españois en Cuba.
A escultura foi inaugurada o 14 de setembro de 1930 e ao longo dos anos foi festexada con diversos actos e cerimonias relixiosas e profanas que aínda hoxe en día seguen repetíndose como marca o costume e tradición o último domingo de agosto ao pé do monumento. Esta Virxe pétrea é única na súa clase, o seu manto arrinca da mesma roca do outeiro do monte chamado Sansón, áchase a 100 metros sobre o nivel do mar e ten unha altura de 15 metros desde a base. É toda de pedra, excepto a cara e as mans que son de mármore branco de carrara.
O interior do monumento está oco e contén unha escaleira de caracol de 45 chanzos que permite subir ao barco que a Virxe sostén na súa man dereita, con capacidade para 7 persoas e que vén sendo un asombroso miradoiro desde onde se contempla o océano Atlántico, as illas Cíes e a vila de Baiona.
A realización do monumento foi deseñado e realizado polo arquitecto porriñés Antonio Palacios e polo enxeñeiro caldense Laureano Salgado Rodríguez. A cara e as mans de mármore foron esculpidas polo escultor madrileño Ángel García Díaz e as escaleiras interiores de caracol realizounas o artista baionés Anxo Fernández González (Vernet).

