Salvaterra de Miño clausura o obadoiro “Salvaterra Emprega III”

adminON
Lectura mínima de 1

Esta mañá tivo lugar no salón de plenos do Concello a clausura do Obradoiro de Emprego “Salvaterra Emprega III” na que estiveron presentes a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, o equipo directivo e alumnado. Este programa de formación dual impulsado polo Concello de Salvaterra de Miño e en colaboración coa Xunta de Galicia deu emprego a un total de 25 persoas e formación a 20 nas especialidades de forestal e xardinería durante 12 meses. 

“Salvaterra Emprega III” é un plan co que se busca fomentar o emprego e que conta cunha financiación de máis de 500.000 euros en colaboración coa Consellería de Promoción o Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. O fin último é mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas do municipio. 

A través de EMPREGA III o alumnado traballador adquiriu os coñecementos necesarios mediante a realización de tarefas que responderán á prestación do servizo. 

Precisamente, a próxima semana dará comezo SALVATERRA EMPREGA IV un novo obradoiro cunha duración prevista de 9 meses, onde se pretende formar a 20 persoas desempregadas nas mesmas especialidades formativas do ámbito Forestal e de Xardinería.

Comparte este artigo