Salvaterra de Miño prepárase para o Festival DJ ó aire libre máis grande de Galicia

adminON
Lectura mínima de 2

O sábado 3 de agosto o público vibrará coa música de dj’s recoñecidos a nivel  internacional e nacional. 

Un ano máis, dentro da programación do Verán Cultural de Salvaterra de Miño, volve un dos festivais máis recoñecidos de Galicia, O Son da Muralla. O festival que conta con 6 pantallas retransmitindo en directo ademais de 66.000 vatios de son e 70.000 de luz está preparado para recibir o público que acude de tódolos puntos da comunidade. 

Este sábado 3 de agosto no recinto amurallado daranse cita djs recoñecidos nacional e  internacionalmente. Esa noite en cabina estarán Kurd Maverick, Belén Jurado, Dany BPM,  Steven Rod, Dj Charlie, Cris Gloss e Dj Xian.  

Dende as 22:30 horas o público bailará coa mellor música electrónica e dance nun festival  que chega a súa vixésima terceira edición acadando o pasado ano cifras récord con máis de 13.000 persoas. A entrada coma tódolos anos é gratuíta e para facilitar o acceso e  chegada o festival haberá zonas de aparcamento e transporte público reforzado,  incrementándose as liñas de autobús e frecuencia. 

Ademais na entrada do festival intalarase un Punto Violeta que se sumará a todo o  dispositivo de seguridade que se prepara con motivo deste evento. Coma cada ano  require especial atención a seguridade do público asistente e por todo iso, coordinanse  ós equipos de seguridade, voluntarios e sanitarios ante calquera situación posible, cun  protocolo activo en casos de acoso.

Comparte este artigo