Salvaterra milenaria contará cun mercado milenario ademáis de xogos e actividades para a familia

adminON
Lectura mínima de 3

Case unha vintena de postos de artesanía, comida e artigos de segunda man  participaran no Mercado Milenario dentro do recinto amurallado. 

O vindeiro 25 de maio Salvaterra de Miño celebra os mil anos de historia  da vila tal e como consta no primeiro documento escrito que fai  referencia a esta localidade e data do 24 de maio do ano 991. 

Con motivo desta celebración, o Concello de Salvaterra de Miño prepara  un día de actividades no recinto amurallado pensada para tod@s.  

Nesta ocasión dende a Concellería de Cultura organízase un Mercado  Milenario onde case unha vintena de postos ambientados na época  medieval participarán na celebración. O mercado ubicado no recinto  amurallado de Salvaterra poderá visitarse durante todo o día, dende as  10:30 horas e ata as 21:30 horas. 

Os postos formados por artesáns, comercios e asociacións contará con  produtos de madeira, xoguetes, bisutería, segunda man, libros, comida,  bebida, pintacaras e outras actividades para @s nen@s, entre outros  produtos e servizos.  

Durante todo o día Salvaterra Milenaria contará tamén con diferentes  actividades para @s máis pequen@s e para toda a familia. Pola mañá ás  11:00 horas comezará a programación con xogos populares e tradicionais  como zoca, os zancos, o burro, as pontes, a chave de ferrolterra ou a  chave ourensá. Estes xogos, coa estética tradicional e medieval, son interxeracionais, o que permiten o libre xogo e desfrute entre maiores e  pequen@s. 

Xa ás 12:00 horas diante da Biblioteca teremos unha actividade para @s  nen@s interactiva e foi didáctica “A Caixa do Conto” onde se explicará a  historia de Salvaterra de Miño.  

As actividades continúan pola tarde co “Misterio das 7 Portas” onde @s  pequen@s poderán descubrir máis da vila cun percorrido cheo de  enigmas e adiviñas polo Museo da Ciencia do Viño.  A continuación ás 18:30 horas rematará a programación de actividades  cun gran xogo de desfrute en familia no que se coñecen e descubren  curiosidades e misterios sobre a terra salvaterrense “Salvaterra Milenaria.  Entre murallas e misterios”, probas que permiten ós xogadores indagar  libremente polo recinto da muralla namentres superan os diferentes retos.

Comparte este artigo