Home Vigo O Porriño Solidariedade no Porriño: a Cafetaría Paso a Nivel reparte 100 para a...

Solidariedade no Porriño: a Cafetaría Paso a Nivel reparte 100 para a cea do Nadal

- Anuncio -

● Familias en situación de vulnerabilidade puideron gozar dunha tranquila velada navideña cos seus seres queridos

Nun xesto de solidariedade e compromiso, a Cafetaría Paso a Nivel de Porriño impulsou, un ano máis, a súa entrañable iniciativa de repartir 100 menús solidarios para a cea de Noiteboa. Este xesto permitiu que numerosas familias do Porriño en situación de vulnerabilidade puideran gozar dunha tranquila velada navideña sen ter que preocuparse pola comida e só centrarse no máis importante: compartir o Nadal cos seus seres queridos.
O propietario da cafetería, José González, foi o artífice desta acción que desde hai varios anos vén levando a cabo coa colaboración do Concello do Porriño e o departamento de Servizos Sociais. Os menús, que incluían dous pratos e postre, foron elaborados con coidado para garantir unha cea completa, saborosa e especial para cada fogar que o necesitase. Os menús foron entregados a través do SOS Porriño, que se encargou de distribuílos entre as familias máis desfavorecidas da localidade.
A tarde do 24 de decembro, os menús foron recollidos polas familias na propia cafetería, un acto sinxelo pero cheo de significado, que simboliza o espírito de unidade e apoio mutuo que caracteriza ao noso pobo.
En palabras de Abel Estévez, concelleiro de Servizos Sociais do Concello de Porriño: “Esta iniciativa non só é un acto de xenerosidade, senón tamén unha mostra de que o que significa ser un pobo solidario. Nestes días tan especiais, nos que a unión e o benestar das familias son fundamentais, agradecemos profundamente a Jose González e a todos os que colaboran con este tipo de iniciativas. Grazas a eles, moitas familias poden disfrutar dun Nadal máis cálido, máis humano e máis próximo.”
No mesmo sentido se expresou o rexedor, Alejandro Lorenzo agradecendo “o enorme xesto de Jose e de todo o persoal do Paso a Nivel. Nestes días nos que a xenerosidade e as emocións están máis presentes que nunca, persoas como eles lémbrannos que a solidariedade é a verdadeira esencia do Nadal”.

Relacionadas

2024 péchase como o ano da “sangría económica e da maior presión fiscal” consecuencia...

0
O BNG lembra que nos últimos 12 meses o Goberno local do PP incrementou a débeda municipal ata niveles non vistos desde hai máis dunha década,...

O Concello de Tui concede unha Mención Honorífica Especial a Adolfo Besada

0
A entrega terá lugar o próximo luns, 30 de decembro, ás 20 h no Teatro Municipal O Teatro Municipal de Tui acollerá o próximo luns,...

Luis López salienta o legado de Emilia Pardo Bazán a prol da igualdade, a...

0
O presidente provincial, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez, participa na entrega dos terceiros premios Emilia Pardo Bazán que organiza FARO e a Deputación “O legado...

O Concello de Ponteareas o Mercatea Nadal con corenta postos para o comercio local

0
O CONCELLO DE PONTEAREAS ABRE O MERCATEA NADAL CON CORENTA POSTOS PARA O COMERCIO LOCAL Os establecementos que o soliciten poderán colocar un posto na...

A Banda de Música Popular de Tui conta no seu concerto de Nadal a...

0
Será mañá venres ás 21.30  h no Teatro Municipal de Tui Un conto de Nadal no que contarán a historia de Santa Claus. Así será...

A Xunta levará a Baiona no verán a mostra itinerante da Cidade da Cultura...

0
— López Campos destaca que as terras do Baixo Miño teñen un “especial protagonismo” nesta exposición con imaxes desta ruta de 35 fotógrafos de...

Publicacións Relacionadas