As solicitudes poderán presentarse ata o vindeiro 14 de xullo ás 14:00 horas.
7 de xullo. O Goberno de Soutomaior vén de abrir a prazo de presentación de solicitudes para a concesión de barras e postos de venda de cara á II Semana Grande de Soutomaior, que terá lugar entre o 1 e o 7 de agosto.
As persoas e empresas ás que se lles autorice a colocación e uso de barras e postos de venda poderán facelo nos dous espazos principais nos que se desenvolverán as actividades da programación da II Semana Grande: na contorna da Igrexa de San Salvador (1, 3 e 5 de agosto) e na contorna do Campo da festa de Candán (2, 3, 5 e 6 de agosto).
O prazo para a presentación de solicitudes para a colocación de barras e de postos de venda estará aberto ata o vindeiro 14 de xullo ás 14:00 horas, e estas deberanse levar a cabo mediante instancia xeral a través da Sede electrónica.
As persoas e empresas interesadas poden consultar todos os requisitos, a documentación requirida e o réxime de puntuación das propostas nas bases penduradas no taboleiro de anuncios sa sede electrónica do Concello de Soutomaior, onde tamén atoparán os anexos que deben cumprimentar.
Nas bases recóllese que terán preferencia aqueles/as solicitantes que entreguen a solicitude en tempo e prazo requiridos e cumpran as condicións xerais establecidas nas bases.
Ademais, de cara á adxudicación das barras establecerase tamén o seguinte orde de prioridade: En primeiro lugar, as solicitudes realizadas por persoas xurídicas, profesionais da restauración, bares e pubs; en segundo lugar, entidades sen ánimo de lucro, que presenten solicitude e vaian destinar a recadación a fins socioculturais ou deportivos a desenvolver no concello; e en terceiro lugar, só no caso de que quedase vacante a barra, as solicitudes a título individual de persoas físicas.

