Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Soutomaior inicia as obras para arranxar a estrada de acceso a Cortellas

Soutomaior inicia as obras para arranxar a estrada de acceso a Cortellas

- Anuncio -

O alcalde Manu Lourenzo sinalou que o Goberno local investirá case 75.000 euros de fondos propios para que a veciñanza de Cortellas poida volver a circular canto antes por esta estrada.

O Goberno de Soutomaior vén de anunciar que este luns comezaron as obras para arranxar a estrada de acceso ao barrio de Cortellas desde o Val-Sobral. En concreto, o pasado mes de novembro unha parte importante do talude natural que soporta a estrada viuse abaixo nunha escorredura de terras producida polas riadas, o que obrigou ao Goberno local a cortar o tráfico para garantir a seguridade da veciñanza.

Unha vez superadas todas as trabas administrativas que tiveron paralizado o proxecto durante varios meses, o Goberno local iniciou esta obra, que consiste na construción dun muro de dique de 14 metros de lonxitude, 5,5 metros de altura máxima e 1,2 metros de ancho que estabilizará o talude natural.

O proxecto da obra foi redactado por ‘Bercal. Consultoría Ingeniería Medioambiente’ e os traballos están a ser realizados por ‘Construcións Caldevergazo S.L.’. O obxectivo agora é adiantar os prazos o máximo posible para que a veciñanza de Cortellas poida volver a circular canto antes por esta estrada, garantindo en todo momento a seguridade dos e das transeúntes.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que o Goberno local investirá 75.000 euros de fondos propios para levar a cabo esta actuación. “Desde o momento en que se produciu a escorredura puxémonos a traballar para atopar a mellor solución e agora, menos dun ano despois de que tivese lugar o sinistro, comezamos coas obras para poder reabrir a estrada”.

Neste sentido, o alcalde Manu Lourenzo agradeceu o traballo levado a cabo polo equipo de Goberno e polas funcionarias municipais para poder levar a cabo este importante investimento de 75.000 euros menos dun ano despois de que tivese lugar o colapso do talude natural da estrada. “Foron meses de moito traballo técnico e administrativo con un duplo obxectivo: reabrir canto antes esta estrada que conecta os barrios de Cortellas e o Val-Sobral e garantir a seguridade de todas as persoas que no día a día circulan por esta estrada.

Relacionadas

O vicepresidente da Deputación asiste ao acto de presentación do equipo de 1ª División...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe ao acto de presentación do equipo de 1ª División Nacional Masculina da SD Teucro,...

O pleno da corporación municipal do concello de Campo Lameiro garda un minuto de...

0
Aprobaron unha axuda de natalidade e os festivos locais que quedan fixados para o 13 de xuño, San Antón, e 29 de setembro, San...

O BNG traslada problemas ocasionados polas obras do saneamento no Lameira

0
Dende o BNG de Marín denúnciase a falta de accións ante os vertedoiros e a precariedade na execución das obras, que afectan á veciñanza...

Luis López sinala que o aumento do 40 % nas axudas a cooperativas agrícolas...

0
O presidente provincial percorreu os viñedos e a bodega de Paco & Lola en Meaño con motivo de inicio da campaña da vendima, onde...

Este venres o historiador Bieito Alonso presenta en Tui o seu último libro

0
Trátase de “Inimigos ás portas: Frank López e o anarquismo global”. Será ás 20 h na Sala Municipal Este venres, 20 de setembro, ás 20...

Arte urbana en Tomiño da man do artista internacional Marion Ve

0
O muralista colombiano está a crear na Avenida de República Arxentina unha obra inspirada nos cores tomiñeses coa que transmitir enerxía positiva Concello e Migrarte...

Publicacións Relacionadas