Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade O BNG comprométese a reforzar os servizos sanitarios e de emerxencias en...

O BNG comprométese a reforzar os servizos sanitarios e de emerxencias en Cerdedo-Cotobade

- Anuncio -

Luís Bará garante un novo estudo para analizar necesidades e dimensionamento e rematar cos déficits históricos de persoal e ambulancias

“Un executivo do BNG fará investimentos alí onde o goberno do PP fixo recortes, empezando polos servizos públicos e as emerxencias”. Así o asegurou hoxe en Cerdedo Cotobade o cabeza de lista do Bloque, Luís Bará, onde se comprometeu a reforzar os servizos sanitarios e de emerxencias na zona para dar unha resposta áxil e eficaz nun territorio que agora mesmo ten tempos de resposta que chegan a triplicar as ratios recomendadas.

Bará cualificou como inasumible a situación e subliñou que un goberno do BNG adoptará as medidas necesarias para garantir unha atención sanitaria pública digna (médica, enfermaría, pediatría, matrona) no concello de Cerdedo-Cotobade e un servizo de ambulancia medicalizada na zona, “xa que cando se está a case unha hora do hospital de referencia, actuar con rapidez pode marcar a diferencia”.

Garantiu, neste sentido, a elaboración dun estudo que analice as necesidades de dimensionamento do servizo tanto no ámbito territorial como de recursos, para rematar cos déficits históricos que colapsan o servizo por falta de vehículos e equipos humanos, lembrando que Cerdedo Cotobade é un dos concellos referidos no informe do Consello de Contas que, tras analizar o funcionamento do 061, conclúe que “non se logra que a asistencia dos recursos se realice en condicións de equidade, adaptadas ás características do territorio”.

O cabeza de cartel destacou como moi necesario reverter as políticas de recortes e privatizacións e unha actuación urxente de recuperación da sanidade pública galega, polo que anunciou que unha das primeiras medidas de Ana Pontón como presidenta será un plan de choque de 200 M€ para rescatar a Atención Primaria.

Por outra banda, en relación coas emerxencias, Bará apostou pola creación dunha nova base de incendios para a contorna que debería estar integrada no Consorcio provincial participado pola Deputación e a Xunta, para dar resposta a lumes, incendios ou accidentes de tráfico sen deixar zonas de sombra tamén nos concellos próximos.

Bará puxo sobre a mesa estes compromisos nun encontro co portavoz municipal Ernesto Filgueira e integrantes da plataforma ‘Cerdedo pola sanidade pública’ e persoas afectadas pola deficiente atención da sanidade e emerxencias.

Relacionadas

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Publicacións Relacionadas