A Concellería de Pesca, Marisqueo e Actividades Marítimas do Concello de Baiona organiza un taller interxeracional para aprender a realizar nós e coñecer as artes mariñeiras. Dous mariñeiros de nosa Villa, Suso e Enrique Álvarez, serán os encargados de mostrar os seus coñecementos a todos os nenos e nenas que queiran participar e coñecer de primeira man as destrezas mariñeiras. Terá lugar o martes 12 de marzo de 17:00 a 18:00 no hall do Concello de Baiona onde se pode gozar da mostra etnográfica “O Gremio de atadores e cordeleros” a cargo de Anxo Rodríguez Lemos Cronista Oficial da Vila.
Necesario inscribirse chamando ao 680 508 346

