O programa TocaMúsica continúa a traer música a todos os recunchos da vila guardesa.
Desta vez, o sábado 22 de xuño, o encargado será o grupo Castro y los escoltas que tocará na Praza do Reló a partir das dez da noite.
O programa TocaMúsica, que conta co apoio do Plan +Provincia, descansará ata xullo para volver con novas actuacións musicais.

