Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Baixo Miño Tomiño apagará o son das atracción este domingo do Alivio

Tomiño apagará o son das atracción este domingo do Alivio

- Anuncio -

O Concello de Tomiño ten o pracer de anunciar unha iniciativa especial para o vindeiro domingo, no marco das festas do Alivio e adicada aos máis pequenos. Co fin de crear un ambiente inclusivo e accesible para todos, o son e a música das atraccións apagaranse de 18:00 a 20:00 horas. Esta medida lévase a cabo en colaboración coa comisión de festas e os propietarios das atraccións, que mostraron un gran compromiso coa inclusión de todos os nenos, especialmente aqueles con Trastorno do Espectro Autista.

A participación da asociación “Un MAIS”, integrada por pais e nais de nenos con TEA, foi fundamental na planificación desta actividade. A súa experiencia e coñecemento axudan a coñecer mellor as necesidades das familias e traballar conxuntamente para facer desta festa un espazo onde todos se sintan benvidos. Esta colaboración pon de manifesto o compromiso do Concello de Tomiño co fomento da inclusión e a diversidade nas nosas celebracións.

Como afirma Sandra González, alcaldesa de Tomiño “é fundamental que todas as familias, independentemente das súas circunstancias, poidan gozar das festas nun ambiente cómodo e agradable para elas. Esta acción non só busca concienciar sobre a importancia da inclusión, senón tamén promover un espazo onde todos os nenos e nenas poidan participar e gozar de actividades sen barreiras”.

Convidamos a toda a comunidade a sumarse a esta celebración, na que cada un de nós pode contribuír a que as festas sexan un momento de alegría e convivencia. Entre todos, fagamos de Tomiño un lugar onde todos, maiores e nenos, poidan sentir as festas como nosas, independentemente de cada condición. Esperamos ver a toda a cativada desfrutando dun día cheo de diversión e compañeirismo!

Relacionadas

O BNG avanza unha vintena de encontros veciñais por un novo modelo de mobilidade...

0
A fronte nacionalista vai percorrer os barrios e parroquias coa súa campaña ‘Máis buses, menos multas’ ante a “oportunidade” que abre a fin da...

A vicepresidenta da Deputación acude á 3ª Edición do Congreso Internacional de Automoción e...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acudiu hoxe á 3ª Edición do Congreso Internacional de Automoción e Mobilidade, o Automob Summit, que...

O Concello de Nigrán ofrece mañá unha visita guiada ao bosque fósil de...

0
Será o mellor momento nos vindeiros 20 anos para poder apreciar estas árbores petrificadas que datan de entre 5.000 e 10.000 anos de antigüidade,...

0
MOCHILAS VIBRATORIAS PARA QUE AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE AUDITIVA GOCEN DAS FESTAS DO CRISTO● As mochilas deberán pedirse por Rexistro Xeral antes do venres...

Luis López destaca a importancia da colaboración entre administracións para executar investimentos clave como...

0
O presidente provincial, xunto coa vicepresidente Rafa Domínguez, visitou o centro educativo de Príncipe Felipe para comprobar o remate das obras de mellora da...

O PP solicita a reactivación das hortas urbanas da Parda e Monte Porreiro

0
• Os populares denuncian o “completo estado de abandono desde hai máis de dous anos” en 59 bancales do total de 78 que existen...

Publicacións Relacionadas