Home Pontevedra Trasmañó festexa o seu patrón San Vicente con tres días de celebración...

Trasmañó festexa o seu patrón San Vicente con tres días de celebración e a XIV Festa do Cocido

- Anuncio -

A parroquia de Trasmañó celebra esta semana a festa patronal, gastronómica e cultural do seu patrón San Vicente. A alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Rita Táboas, presentaron o evento xunto a Juan González, Fran Gómez, Fran Carreira e Benito González, da comisión de festas. Serán os días 22, 25 e 26 e contarán cunha gran carpa climatizada. Haberá actuacións musicais, baile, eventos litúrxicos, verbenas, xogos populares e unha gran festa do cocido que alcanza a súa 14ª edición.
A primeira xornada de festas será o mércores 22 de xaneiro. A primeira hora haberá unha salva de bombas anunciando o día do patrón, San Vicente. Unha hora despois comezarán os pasacalles polos diferentes barrios da parroquia a cargo da Banda de Gaitas Foula. Seguiranlle varias misas. A das 13:00 horas será cantada e unha vez finalice haberá tirada de fogos artificiais e sesión vermú. Este día haberá toda a mañá unha pulpeira con prezos populares.
O sábado día 25 celebrarase desde as 10:00 horas a VI Concentración de Vehículos Clásicos. Desde a organización explican que este ano esperan superar a cifra de participantes do ano pasado, cando se reuniron ,máis de 120 coches clásicos de toda Galicia e norte de Portugal. Os vehículos farán un percorrido pola parroquia e participarán nun sorteo de agasallos.Ao longo da mañá tamén haberá un espazo gastronómico con pulpeira e racións de callos. Xa pola tarde haberá unha misa (17:00 horas), cucañas e xogos populares (17:30 horas). Pola noite continuará a festa cunha gran verbena amenizada polas orquestras Marbella e Escaparate. Comezarán ás 22:00 horas. Pasada a medianoite haberá fogos artificiais.

XIV Festa do Cocido de Trasmañó
O último día de festa nesta parroquia de Redondela será o domingo 26 de xaneiro. O prato forte deste día é a 14ª edición da Festa Gastronómica do Cocido de Trasmañó. O xantar comezará ás 14:00 horas. Antes haberá unha misa en honra a San Blas (13:00 horas) e unha sesión vermú amenizada polas pandereteiras Ledicia de Trasmañó. Na sobremesa actuarán as pandereteiras Sen Querer, do Viso, e tamén haberá sorteos e xogos con premios. Ao remate haberá unha sesión musical con baile. Desde a comisión de festas recomendan aos interesados reserva xa os seus vales, porque o aforo é limitado. A alcaldesa, Digna Rivas, anima a toda a veciñanza a participar desta festa tradicional “e gozar da gastronomía tan nosa e típica deste tempo”.
Os vales para reservar o cocido poden mercarse nos teléfonos 663 176 951 e 670 884 419 ou na cafetería Rodeo, en Rande.

Relacionadas

Luis López asina un convenio co alcalde de Moraña para a mellorar a seguridade...

0
O presidente recibe o alcalde José Gómez no Pazo provincial para poñer en marcha a primeira fase dun proxecto financiado ao 100 % pola...

Arranca o 5º Ciclo de Cine de Inverno en Salvaterra de Miño

0
Dende a Concellería de Cultura preséntase a 5ª edición do Ciclo Cine de Inverno que se celebrará durante o vindeiro mes en Salvaterra de...

O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín realizará un obradoiro de achegamento...

0
O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín realizará un obradoiro de achegamento as novas tecnoloxías aberto ao público dende o mércores 22...

Unha exposición como preámbulo da VIII Mostra Camelias e Mar, que chega ao Museo...

0
Cristina Barreiro e Rosa Crespo abren a exposición “Arte e Camelias”, que se poderá visitar no Museo para abrir boca de cara á gran...

Reunión cos furancheiros de cara ao arranque da tempada en febreiro

0
Poderán vender os seus excedentes entre o 1 do próximo mes e o 30 de xuño, tendo en conta que só poden ter actividade...

Os Feroz reúnen esta fin de semana en Pontevedra ás estrelas do cinema e...

0
Pedro Almodóvar, Najwa Nimri, Candela Peña, Carmen Machi, Anna Castillo, Eduard Fernández, María Léon e Patricia López Arnaiz, entre outros, gozarán dunha gala divertida...

Publicacións Relacionadas