test
Home Pontevedra Baixo Miño Tui acollerá en xullo dous talleres especializados en IA dirixidos ao pequeno...

Tui acollerá en xullo dous talleres especializados en IA dirixidos ao pequeno comercio

- Anuncio -

Serán o luns 8 e o mércores 10 grazas á colaboración entre a Oficina Acelara Peme de AEMOS e o Concello de Tui

Tui acollerá en xuño dous talleres especializados en Intelixencia Artificial dirixidos especificamente ao pequeno comercio. Son froito da colaboración entre a Oficina Acelera Peme Rural de AEMOS e Concello de Tui. Celebraranse o luns 8 e o mércores 10 de 15 a 17 h na Aula Cemit, no edificio Francisco Sánchez.
Os talleres proporcionarán aos comerciantes unha comprensión sólida dos conceptos básicos da intelixencia artificial e a súa aplicación práctica no ámbito do pequeno comercio. Abordaranse ferramentas e técnicas que poden implementarse de inmediato para mellorar a eficiencia operativa e atraer a unha maior clientela.
As prazas para estes talleres son limitadas. Os interesados deben inscribirse a través da páxina web acelerapyme.aemos.es para asegurar a súa participación nestes eventos.
Neste mes de xuño xa se realizou en Tui un taller de IA aplicado a empresas, que foi todo un éxito. Ante a alta demanda, organizouse esta nova edición dirixida especificamente aos pequenos comerciantes, que poderán atopar na IA un aliado valioso para a xestión e o crecemento dos seus negocios.
Estes talleres son posibles grazas ao apoio do Concello de Tui e ACITUI, que se atopan inmersos nunha campaña de dinamización e promoción do mercado de abastos e o comercio local, que se uniron a AEMOS para proporcionar aos pequenos comerciantes locais as ferramentas e o coñecemento necesarios para afrontar os desafíos da dixitalización.
Estes talleres representan unha excelente oportunidade para que os pequenos comercios de Tui adquiran coñecementos avanzados en intelixencia artificial e potencien a súa competitividade nun mercado cada vez máis dixitalizado.
A concelleira de Comercio e Mercado do Concello de Tui, Ana Núñez, salienta que “estes talleres son unha oportunidade inequívoca para ofrecer aos pequenos comercios de Tui a oportunidade de adquirir coñecementos avanzados en intelixencia artificial e potenciar a súa competitividade nun mercado cada vez máis dixitalizado”. Engade que “o comercio local está a darse conta de que é urxente innovar e adaptarse aos novos tempos” polo esta actividade está a resultar un éxito de participación. Agradece a concelleira “o ofrecemento á colaboración de AEMOS e a implicación de ACITUI” para poder levar a cabo estes talleres especializados.
As Oficinas Acelera Peme Rurais postas en marcha en toda España por Red.es, entidade pública adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, contan cun importe de axuda concedida de 21.085.205,77€, sendo o importe da axuda máxima o 80% do orzamento subvencionable. O beneficiario cofinanciará a porcentaxe restante. As actuacións están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos Next Generation EU, no marco da axenda España Dixital 2026 e o Plan de Dixitalización de Pemes 2021-2025, cuxa cuarta medida do eixo de actuación, Dixitalización básica para as Pemes.

Relacionadas

A Deputación dá comezo a catro novos obradoiros do programa “Provincia activa”, co que...

0
Na vindeira semana iniciarán os talleres máis de 40 persoas maiores de catro asociacións de Cambados, Mos e Ponteareas A Deputación de Pontevedra continúa desenvolvendo...

Ponteareas celebrou a diversidade cunha xornada cargada de actividades e sensibilización

0
Os Xardíns da Xiralda acolleron a lectura do manifesto a cargo da alcaldesaManualidades, xogos, espectáculos, desfile, karaoke e proxeccións O Concello de Ponteareas reivindicou o...

O concello acolle a Festa do Motor na previa da XX Edición do Rally...

0
• O evento servirá para presentar os coches que correrán representando a Ponteareas • Ponteareas conta por vez primeira cunha partida para subvencionar o deporte...

O pleno da Deputación súmase ao Parlamento Galego e ao Congreso dos Deputados para...

0
Nesta sesión ordinaria aprobouse por unanimidade a candidatura para o proxecto turístico transfronteirizo “Visit Rio Minho Plus”, para a consolidación da marca e a...

A feira Galiforest Abanca 2024 intensifica hoxe as demostracións en vivo de maquinaria, sistemas...

0
• NUMEROSOS EXPOSITORES MOSTRAN OS SEUS PRODUTOS EN FUNCIONAMIENTO NAS SÚAS PARCELAS OU NUNHA ZONA HABILITADA PARA ISO, CO OBXECTIVO DE QUE OS VISITANTES...

Mos implica aos colectivos de idades máis curtas e maiores para demostrar que o...

0
O municipio mosense tinguiuse hoxe multicolor coa colaboración das Escolas Infantís e do Centro de Día de Torroso para conmemorar o Día do Orgullo...

Publicacións Relacionadas