Ás 8 h sairá unha camiñada dende a praza da Inmaculada até o cumio do Monte
Este domingo, 6 de xullo, celebrarase o 125 aniversario da Cruz do Parque Natural do Monte Aloia, coincidindo coa tradicional Romaría de Nosa Señora das Angustias. Unha camiñada, actos relixiosos, natureza e música forman parte do programa previsto.
O programa comezará ás 8 h cunha camiñada a pé desde a Praza da Inmaculada ata o alto do Parque Natural do Monte Aloia. Para participar, é preciso inscribirse previamente antes deste venres, 4 de xullo, enviando un correo co nome, apelidos e DNI a turismo@tui.gal ou biblioteca@tui.gal.
Xa no cumio do monte ás 12 h celebrarase na capela a misa na honra a Nosa Señora das Angustias, para dar paso a procesión que irá até a Cruz, onde se colocará unha coroa de loureiro conmemorativa deste 125 aniversario. Por último a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto.
Dende o Concello de Tui convídase a participar neste acto conmemorativo do 125 aniversario da Cruz do Aloia, así coma na Romaría das Angustias que se celebrará como cada ano o primeiro domingo do mes de xullo, mantendo así as tradicións.