Home Pontevedra Baixo Miño Tui inicia en FITUR a promoción da conmemoración do 800 aniversario da...

Tui inicia en FITUR a promoción da conmemoración do 800 aniversario da Catedral

- Anuncio -

O Concello de Tui está presente en FITUR, a Feira Internacional de Turismo, para promocionar turísticamente o municipio e buscar novas alianzas. Aos grandes atractivos turísticos que ten o municipio súmase a conmemoración do 800 aniversario da Catedral.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez desprazáronse a Madrid para participar en FITUR nas presentacións das novas campañas de promoción nas que participa o municipio. Amais tanto hoxe coma mañá teñen axendados distintos encontros para reunirse con operadores interesados en Tui. 

Así, hoxe xoves mantiveron con Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia, un primero contacto para estudar vías de colaboración de cara á celebración do oitavo centenario da Catedral de Tui. Previamente, a primeira hora, reuníronse con Turismo Porto e Norte para abordar un proxecto vinculado co patrimonio xudeu entre Galicia e Portugal.

Por outra banda esta tarde o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez, participaron na presentación da campaña “Para Lembrar” do Xeodestino Galicia Suroeste. O pórtico da Catedral é un deses elementos para lembrar. Tamén asistiron á presentación da campaña “Cando volves” da Deputación de Pontevedra. O río Miño e a silueta do conxunto histórico, presidida pola Catedral, forma parte do vídeo promocional.

En FITUR tiveron amais a oportunidade de saudar aos representantes de distintas empresas tudenses vinculadas ao turismo que acudiron tamén a esta cita internacional.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou esta tarde que esta é unha oportunidade única, xa que en FITUR “se reúnen todos os operadores a nivel privado e a nivel institucional para poder visibilizar e viablizar aqueles proxectos nos que estamos traballando neste momento a nivel de promoción turística”.

Relacionadas

As Neves presenta a súa XXXII Feira do Requeixo e Mel en FITUR...

0
Hoxe, no marco da prestixiosa Feira Internacional de Turismo (FITUR), o alcalde de As  Neves, José Manuel Alfonso, deu a coñecer a XXXII edición...

Tui acada o apoio de Paradores á conmemoración do oitavo centenario da Catedral

0
Foi no encontro mantido en FITUR O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez, reuníronse esta tarde coa directora de...

A vicepresidenta da Deputación asiste á preestrea do documental da Fundación Celta sobre a...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acudiu este xoves nos Cinemas Tamberlick de Vigo á preestrea de ‘Cielo y Arena’, un documental da Fundación Celta e...

Redondela participa na presentación do grupo Galicia Suroeste e a nova campaña “Para Lembrar”

0
- O grupo Galicia Suroeste, do que forma parte o Concello de Redondela, presentou en FITUR a súa nova marca e a campaña ‘Para...

Luis López sinala á lamprea como símbolo dos tesouros do interior das Rías Baixas,...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo Nava Castro, asiste en Fitur ás presentacións do Club da Lamprea do Condado e a Paradanta,...

Luisa Sánchez asiste ao almorzo-coloquio do Círculo de Empresarios de Galicia ofrecido polo presidente...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este xoves ao almorzo-coloquio organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia impartido polo presidente de...

Publicacións Relacionadas