Home Pontevedra Baixo Miño Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no Punto Limpo

- Anuncio -
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización

O Punto Limpo de Tui, situado en Guillarei a carón da nave municipal, conta coas súas instalacións renovadas tras as obras acometidas ao longo das últimas semanas.  A renovación do peche perimetral, a construción dunha nova caseta e colocación de sinais indicativas do contedor que alberga cada tipo de residuos foron parte das melloras levadas a cabo.

Así o Concello  de Tui investiu 68.000,02 euros nestas instalacións municipais financiados con cargo ás axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo no marco do Plan de recuperación transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Por unha banda procedeuse á renovación de todo o peche perimetral do recinto o que redunda nunha maior protección e seguridade deste servizo. Amais instalouse unha caseta para albergar os residuos eléctricos e electrónicos.  No acceso ao Punto Limpo colocouse un cartel co seu horario de apertura, e ao longo da instalación sinalizáronse os distintos contedores co tipo de residuo, co seu correspondente código, ao que van destinados.

Coas obras acometidas logrouse unha mellora significativa nestas instalacións o que redunda no seu bo funcionamento, así coma na calidade do servizo que se presta á cidadanía.

No Punto Limpo de Tui poden depositarse, nos colectores correspondentes,  plásticos domiciliarios ou asimilables, excluídos os envases; porexpán; papel e cartón; envases de vidro; vidros domiciliarios; madeiras de residuos domiciliarios; restos metálicos do fogar; entullos de obras menores; voluminosos coma colchóns, sofás e outro mobiliario, restos de podas e vexetais, envase téxtiles, e outros tecidos.  tamén se conta con contedores específicos para o depósito de aceites minerais e outros aceites e graxas non comestibles; aceites vexetais e graxas comestibles; disolventes, pinturas, vernices; baterías automóbiles; pilas e outros acumuladores, radiografías. cóntase tamén cun lugar específico para a recollida de  electrodomésticos,  equipos de informática e telecomunicacións, fluorescentes, ferramentas, ou xoguetes electrónicos.

O Punto Limpo permite a separación de residuos segundo a súa tipoloxía, facilitando o seu posterior tratamento e contribuíndo á protección do medio ambiente. Estas melloras reflicten o compromiso do Concello de Tui por ofrecer un servizo de calidade e promover a xestión sostible dos residuos. Medida que se suma a aposta pola recollida selectiva, coa incorporación de novos contedores recentemente, así coma pola compostaxe tanto individual coma a través dos catro composteiros comunitarios situados no centro urbano.

O horario de apertura do Punto Limpo, situado en Guillarei, é de 8 a 14.30  h de luns a venres, e de 9 a 13 h os sábados.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

As bibliotecas municipais celebran o día dos usuarios coa entrega do Premio Reto Lector

0
As Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela fixeron onte entrega do premio do sorteo “Reto lector 2024” a Mercedes Méndez, gañadora desta edición. O acto...

Publicacións Relacionadas