– O Concello de Baiona participou onte na asemblea xeral da Asociación Vilas Mariñeiras en FITUR – A nosa concelleira de turismo, Sheila González Martins, acudiu pola tarde á presentación que realizou o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño
– Turismo de Galicia ofreceu a oportunidade a Turismo de Baiona realizar un presentación na súa caseta, dentro dun espazo tan significativo como é “Galicia Parabéns”, será o venres ás 14:00horas.
A Concelleira de Turismo do Concello de Baiona, Sheila González Martins, e as técnicas do departamento municipal desprazáronse a Madrid con motivo da celebración de Feira Internacional de Turismo (FITUR). Estarán na capital durante tres días para estar presentes en diferentes reunións de traballo e varios actos co fin de proxectar nacional e internacionalmente a imaxe vila de Baiona e o seu turismo.
Durante os 3 días orientados ao perfil profesional, asistirá a diversas presentacións e reunións. Entre os obxectivos de Turismo de Baiona en Fitur, é asistir durante os tres días para profesionais, a diversas reunións agendadas previamente, con diferentes empresas de tecnoloxía, cadeas hostaleiras, turismo familiar etc., de gran interese para o desenvolvemento da actividade turística da Vila.
Turismo de Galicia ofreceu a oportunidade a Turismo de Baiona realizar un presentación na súa caseta, dentro dun espazo tan significativo como é “Galicia Parabéns”, será o venres ás 14:00horas.
Asemblea xeral da Asociación Vilas Mariñeiras en FITUR
A Concelleira e as técnicas acudiron onte á primeira asemblea xeral de Vilas Mariñeiras do 2024, xunto co resto de representantes dos seis municipios integrantes da asociación.
Durante a reunión marcáronse as liñas de traballo a seguir neste ano que acaba de comezar. Traballouse sobre o plan estratéxico promocional que permita dinamizar as accións e a presenza de Vilas Mariñeiras no panorama nacional e internacional. Tamén entre os temas tratados, realizouse o cambio de Presidencia, que durante os próximos dous anos, corresponderá a Llanes. Baiona será a tesoureira. Sheila González martíns destaca que: “Formar parte de Vilas Mariñeiras é formar parte dun proxecto turístico importante que une baixo un mesmo obxectivo a seis vilas mariñeiras do norte de España e que beneficia á proxección da imaxe de Baiona máis aló das nosas fronteiras. Ademais, este compromiso perdurará máis aló de Fitur facendo unha gran promoción turística da nosa vila”.
Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño Nosa concelleira de turismo, Sheila González Martins, acudiu pola tarde á presentación que realizou o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño: ‘Vivir experiencias, compartir territorio’, unha campaña protagonizada por persoas reais que co seu traballo diario conquistan ás e aos visitantes. A presentación finalizou con sorpresa, xa que este ano o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño quixo dar un paso máis na súa campaña para saír do recinto de FITUR e sorteou entre o público asistente catro experiencias turísticas para grupos de ata 6 persoas.
Durante o mes de febreiro nas redes sociais de Eu Rural e do xeodestino haberá novos sorteos de sobres sorpresas para animar ás e aos visitantes para gozar do territorio. Desde o departamento de turismo do Concello de Baiona está a traballarse para facer do noso Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño un destino turístico diferente, innovador e sostible. A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Tomiño e Tui) que busca transformar o modelo turístico do territorio en base ao potencial do seu enogastronomía.

