Juan Benito Rodríguez substitúe a Constantino Fernández, que traslada o seu labor á residencia Santa Marta
O alcalde de Nigrán, Juan González, recibíu onte no seu despacho ao novo sacerdote da parroquia de Nigrán, Juan Benito Rodríguez, e ao seu precedesor no cargo, Constantino Fernández, quen levaba exercendo aquí desde o ano 2000 e que agora é o capellán da residencia Santa Marta, da congregación das ‘Hermanitas de los anciandos desamparados’, en Vigo. O rexedor trasladoulles a ambos o seus bos desexos no seu novo cometido, que afrontarán como mínimo durante os 6 anos que conleva o nomeamento.
Estes cambios prodúcense despois de que o obispo da Diócesis Tui-Vigo, Antonio Valín, anuncianse en setembro unha remodelación da mesma para paliar a falta de clero nas parroquias, circunstancia que tamén implicou o relevo do sacerdote de Chandebrito e Camos, José Juan Sobrino, agora delegado diocesano da Pastoral de Saúde e novo sacerdote de San Miguel de Oia. Tanto Sobrino como Constantino foron despedidos a pasada fin de semana pola súa veciñanza en sendas comidas no Queimada en agradecemento a súa implicación coa comunidade de feligreses.



