Últimos días para anotarse no curso de defensa persoal feminina do concello de Nigrán

adminON
Lectura mínima de 1

O prazo remata o xoves 11 e a actividade (gratuíta) terá lugar o luns 15 de setembro de mañá e tarde

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), organiza un curso de defensa persoal feminina. O curso, de carácter gratuíto, terá unha duración de 8 horas, e desenvolverase o luns 15 de setembro en horario de mañá e tarde no Pavillón Deportivo municipal.

O prazo de inscrición está aberto ata o 11 de setembro. As mulleres interesadas deberán enviar un correo electrónico ao enderezo cim@nigran.org facendo constar nome e apelidos, n.º de DNI e teléfono de contacto ou ben chamando ao teléfono 986 383081.

A actividade é gratuíta, e foi solicitada polo Concello de Nigrán á Cosellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Loita contra a violencia de xénero no marco do acordo de colaboración asinado pola Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia para a conformación da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero no que se integra o Concellode Nigrán.

Para mais información poden contactar no teléfono 986 383081

Comparte este artigo