HomePontevedraBaixo MiñoOia acollerá o 13 de xuño un simulacro de incendio forestal con...

Oia acollerá o 13 de xuño un simulacro de incendio forestal con ampla participación de medios de emerxencia

- Anuncio -spot_img

O próximo 13 de xuño celebrarase na parroquia de Burgueira unha xornada técnica de formación centrada na resposta ante incendios forestais. O exercicio, organizado pola Consellería do Medio Rural no Distrito Forestal XVIII (Vigo–Baixo Miño), terá lugar entre as 9:30 e as 14:00 horas e contará coa participación de múltiples unidades de emerxencia.

O simulacro en Oia, enmarcado no adestramento do Sistema Estrutural de Mando Operativo (SEMOP), ten como obxectivo mellorar a coordinación e a eficacia na loita contra os lumes forestais, incorporando novas tecnoloxías e reforzando o traballo conxunto entre administracións. Durante a xornada practicarase o uso de aplicacións como Xeocode Lite, comunicacións vía TETRA e manobras de defensa e autoprotección.

A actividade contará coa participación de diversas unidades de emerxencia: persoal do SPIF, bombeiros urbanos, GES, grupos sanitarios, de seguridade e loxística; que simularán unha situación de emerxencia real de nivel 2. Con esta iniciativa poderanse poñer a proba os protocolos de resposta, mellorar a comunicación entre mandos e recoller aprendizaxes de cara á tempada de alto risco de incendios.

Publicacións Relacionadas