Dentro do marco da rede de Escolas da Unesco á que pertence o Conservatorio Municipal de Redondela, este 2025 ponse en marcha como primeiro proxecto do ano un intercambio socio-cultural-musical con alumnos e mestres da Escola da Banda de Música Armonía de Tineo, de Asturias. Será esta fin de semana, os días 18 e 19 de Xaneiro cunhas xornadas de estudo e formación. O intercambio culminará cun concerto das catro formacións creadas en ambas institucións: a Banda de Música Armonía de Tineo, a Orquestra de Saxos de Redondela, a Chouque Big Band e a Xingros Big Band. Será no Auditorio do Multiúsos da Xunqueira o vindeiro domingo 19 de xaneiro ás 12:00 h. En total participarán máis dun centenar de músicos que ofrecerán tamén actuacións conxuntas. Entrada de balde.