Un tapiz floral de Ponteareas loce nas Festas de Corpus Christi de La Orotava

adminON
Lectura mínima de 2
  • A alcaldesa e seis alfombristas da rúa Reveriano Soutulo desprazáronse á vila canaria
  • Realizaron un tapiz floral de nove por cinco metros

A alcaldesa, Nava Castro, e unha delegación de nove alfrombristas de Ponteareas participan nas celebracións de Corpus da vila de La Orotava.

As e os nosos alfombristas confeccionaron un tapiz floral de nove  metros de longo por cinco de ancho na contorna da Casa do Concello da vila.

Ao estilo Ponteareas, así quixeron amosar a nosa arte floral en territorio canario os nosos alfombristas, empregando materiais naturais que foron transportados dende Ponteareas e completando con materiais subministrados pola vila da Orotava.

Ponteareas e La Orotava reafirman a súa irmandade e un ano máis, e xa van 40, colaboran para amosar ás persoas visitantes a súa arte en flor, areas e terras unidas pola devoción ao Corpus Christi, pola unidade veciñal e pola transmisión popular de coñecementos e tradicións.

A alcaldesa agradece ao alcade de La Orotava, Francisco Linares, e a todos os alfombristas e persoas colaboradoras a atención recibida “sendo unha vez máis unha experiencia única vivir con elas e eles esta festividade e esta tradición que nos une”.   

As Festas de Corpus Christi e San Isidro Labrador son Festas de Interese Turístico Nacional.

Comparte este artigo