Home Pontevedra Campo Lameiro Un total de 50 postos estarán presentes este domingo na IV Romaría...

Un total de 50 postos estarán presentes este domingo na IV Romaría Mercado Artesanal de San Martiño de Penalba

- Anuncio -

Esta actividade de dinamización social, cultural, musical e relixiosa converteuse nunha cita obrigada no mes de novembro

Un total de 50 postos de exposición confirmaron xa a súa presenza na IV Romaría Mercado Artesanal de San Martiño de Penalba organizado polo cura párroco Fermín Santiago Iglesias e a Unidad Pastoral de Campo Lameiro e que terá lugar este domingo día 12 de novembro a partir das 10 horas da mañá.

Ante calquera imprevisto metereolóxico, a organización ten previsto instalar unha carpa xigante que dea acubillo tanto ao público como aos expositores neste encontro coa artesanía, a música, o polbo á feira e o churrasco para festexar a San Martiño e para reactivar e dinamizar a actividade social do municipio e arredores.

A xornada contempla unha parte adicada á súa vertente relixiosa con dúas misas rezadas, ás 10 e ás 11 horas da mañá, mentras que a misa cantada terá lugar ás 12:30 horas na capela de San Antonio de Penalba, lugar que concentrará toda a actividade festiva e relixiosa do domingo 12 de novembro.

SORTEOS DE PASES PARA BALNEARIOS, LOTARÍA, COMBUSTIBLE, ETC.

Pola súa banda o mercado artesanal, que abrirá ao público ás 10 horas da maña, contará cuns 50 expositores que amosarán baixo unha carpa xigante instalada na explanada da área recreativa de San Antonio de Penalba, en Campo Lameiro, as súas creacións e mercadurías diversas.

A organización porá á venda unha serie de rifas a 2 euros cada unha para axudar nos gastos que se produzan na celebración deste evento. Sortéanse un total de 5 premios que van desde accesos ó balneario de Cuntis ata décimos da Lotaría de Nadal e produtos galegos pasando por combustible e unha cea para dúas persoas. Colaboran con esta iniciativa de dinamización rural, ademáis do Concello, o Campo Lameiro CD así como Termas de Cuntis, Mapfre Cuntis, a Coral Polifónica de Campo Lameiro, Estación de Servizo Peineto e Casa Tito.

Para amenizar a xornada, está previsto que a Charanga A Cabeza Non Para que empece a tocar a partir das 11:30 horas para animar aos asistentes a gozar dos postos de xantar habilitados pola organización, especialmente o bar, polbo á feira, churrasco, carne ao caldeiro e os callos facilitados polo coñecido e afamado Bar Timonel.

A sesión musical da tarde correrá a cargo de Emilio Padrón e o Dj Tony que animarán aos asistentes a pasar unha xornada divertida convidando á concurrencia a disfrutar do baile tanto tradicional como os ritmos máis actuáis.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas