Home Pontevedra Unanimidade en Salceda ante o proxecto de saneamento da parroquia de Entenza...

Unanimidade en Salceda ante o proxecto de saneamento da parroquia de Entenza proposto polo Goberno Municipal

- Anuncio -

O Pleno aproba o proxecto por valor de 856.850,01 € para dar servizo a 115 vivendas
O Goberno presenta o proxecto no Plan Provincia extraordinaria Plan extra da Deputación de Pontevedra

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas vén de aprobar a proposta do equipo de goberno local para o saneamento da parroquia de Entenza, con un proxecto valorado en 856.850,01€. O proxecto presentouse no Plan Provincia Extraordinaria Plan Extra da Deputación de Pontevedra, para o cal se agarda recibir unha subvención de 700.000€ que o Concello debe completar con fondos propios.
En palabras de Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda, “Dixemos que esta iba ser a lexislatura do saneamento en Salceda e así o estamos a facer. Non imos perder unha soa oportunidade de investimentos en saneamento, neste caso para a parroquia de Entenza”.
De feito, nesta lexislatura xa se levou a cabo o proxecto de saneamento nos barrios de A Arrotea e Ataúde (A Picoña), e están programadas xa as obras da Presa (Parderrubias) e do Carballal (A Picoña). O equipo de goberno traballa ademais nas vías de financiación do saneamento da parroquia de Soutelo, que agarda teñan resultados positivos en pouco tempo. Tamén outras zonas, como os barrios de Fontán (Parderrubias), O Pazo (A Picoña) e O Outeiro (San Xurxo) están en estudo nestes momentos. Por outra banda, lembran dende o equipo de goberno que seguen agardando a que Augas de Galicia acometa o tramo de saneamento que ten comprometido no Cerquido dende o ano 2019 e con expediente dende o 2021.
No caso do proxecto de saneamento da parroquia de Entenza, partiuse do proxecto xa redactado no ano 2013, que agora se adapta á realidade do momento, aproveitando tamén o estudo encargado polo Concello en decembro de 2023. O Equipo de Goberno de Salceda xestionou e conseguiu que o Consorcio de augas do Louro sufrague na súa totalidade os custos desa redacción, estimados en torno aos 15.000€. Nesta primeira fase serán 115 as vivendas que poderán conectarse aos doce tramos de colectores que se prevén con unha lonxitude de 3.823,950 metros, e que desembocarán no aliviadeiro de Arentei, para continuar polo colector xeral ata a EDAR de Guillarei.

Relacionadas

Tui será en 2026 a sede de Hispacon, o Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción...

0
Será a cuarta cidade galega en acoller este evento que reunirá a nomes relevantes do xénero fantástico e que brindará múltiples actividades Tui será a...

A rapazada de Redondela plasma as súas reivindicacións no Pleno Infantil

0
O auditorio do Xunqueira acolleu esta mañá a celebración dun pleno infantil no que participaron alumnos e alumnas dos centros de primaria e secundaria...

Ponteareas celebra o seu pleno infantil

0
Na semana na que celebramos o Día Mundial da Infancia o Concello de Ponteareas celebra o seu pleno infantil no que escoitar e recoller...

Luis López presume en Marín “dunha provincia extraordinaria, chea de xente extraordinaria” na entrega...

0
O presidente provincial destacou a calidade do sector hostaleiro da provincia, da beleza paisaxística das Rías Baixas e do talento dos pontevedreses e pontevedresas...

O concello presenta o seu espazo de conciliación para este Nadal

0
Este ano haberá 4 horarios para conciliar nas vacacións de Nadal, dende o 23 de decembro ao 3 de xaneiro. Trátase dun espazo de...

A Deputación pon en marcha a programación do Ateneo pola Igualdade en Ponteareas coa...

0
A actividade terá lugar este venres 22 de novembro ás 20:30 horas no auditorio municipal Reveriano Soutullo A Deputación de Pontevedra leva este venres 22...

Publicacións Relacionadas