Home Pontevedra A Lama Unha ofrena floral en memoria daquelas persoas que axudaron a converter a...

Unha ofrena floral en memoria daquelas persoas que axudaron a converter a carballeira en patrimonio de todos serviu para dar comezo ao Xantar da 3ª Idade nas Ermidas

- Anuncio -

Unha OFRENA FLORAL EN MEMORIA DE TODAS AQUELAS PERSOAS QUE AXUDARON A CONVERTER A CARBALLEIRA EN PATRIMONIO DE TODOS SERVIU PARA DAR COMEZO AO XANTAR DA 3ª. IEDADE NAS ERMIDAS

Ademais do alcalde, David Carrera, asistiron a conselleira de Vivenda e Infraestruturas, María Martínez Allegue, os deputados Jorge Cubela e Sandra Bastos, o director xeral de Maiores, Antonio Acevedo, o xerente do Consorcio de Benestar, Perfecto Rodríguez e membros da Corporación Municipal lamense.

Unha ofrena floral en memoria daquelas persoas que contribuiron a converter a carballeira das Ermidas en patrimonio de todos, depositada polo alcalde, David Carrera, e a conselleira de Vivenda e Infraestruturas, María Martínez Allegue ante o cruceiro serviu de homenaxe previo á celebración do Xantar da 3ª Idade que reuniu a preto de 300 comensais.

Este acto de homenaxe promovido polo alcalde, David Carrera, produciuse despois de que tivera lugar a misa e a procesión na honra de Nosa Señora das Ermidas e de que a Banda de Música Municipal da Lama ofrecera un concerto na sesión vermú.

Ademais da conselleira María Martínez Allegue e o alcalde da Lama, o Xantar da 3ª Idade contou coa presenza dos deputados Jorge Cubela e Sandra Bastos, o director xeral de Maiores, Antón Acevedo, o xerente do Consorcio de Benestar, Perfecto Rodríguez, e varios membros da Corporación Municipal.

O alcalde da Lama, David Carrera, agradeceu a presenza dos comensais e lembrou a importancia que este evento ten para potenciar os lazos que unen á comunidade veciñal lamense tanto dos que residen aquí como os que o fan no extranxeiro e aproveitou a ofrenda floral ante o cruceiro da Carballeira das Ermidas para rendir unha sentida homenaxe aos pioneiros que comezaron con esta famosa romaría e que contribuiron a facer deste espazo un emotivo lugar de reencontro veciñal en harmonía e comuñón coa natureza.

A Banda de Música Municipal da Lama participou na homenaxe e durante a ofrenda floral interpretou o himno galego para darlle unha maior solemnidade ao acto. Martínez Allegue e Carrera depositaron o ramo de flores coa bandeira galega aos pés do cruceiro que preside a Carballeira das Ermidas entre aplausos do público e as autoridades alí concentradas.

Carrera salientou a beleza desta carballeira centenaria e manifestou o compromiso persoal e do seu equipo de seguir contribuíndo á súa conservación e disfrute das xeracións futuras. “É un pracer para min compartir con todos vós este xantar tradicional ao que acuden veciños e veciñas de todos e cada un dos lugares e aldeas que compoñen o concello da Lama. É este un momento entrañable e de reencontro tamén cos nosos amigos e veciños que residen gran parte do ano na emigración en países como México, Brasil, Arxentina, Suíza, Alemania… en fin, por todo o mundo”.

Na sobremesa tivo lugar o momento para a festa e o baile amenizado pola Charanga Os Encerellados, de Campo Lameiro, que ofreceron aos asistentes o seu habitual repertorio a base de cancións de moda dándolle tamén unha nota de humor a esta celebración. 

Relacionadas

Luis López cita un turismo sustentable, desestacionalizado e centrado no territorio como piares comúns...

0
O presidente provincial participa en Ribadumia na presentación do Plan Estratéxico de Turismo do Salnés que impulsa a Mancomunidade para o período 2024-2028 O presidente...

Coral Martínez imparte un obradoiro de debuxo en Tui dentro do programa Boas Vibes

0
Este sábado, 26 de outubro, de 10.30 a 13.30 h celebrarase na Sala Municipal de Exposicións un obradoiro de debuxo manga/cómic a cargo Coral...

O PP esixe o cumprimento do acordo plenario de 2023 para o arranxo e...

0
• Pardo: “Os nenos teñen dereito a xogar en plenas condicións de seguridade e salubridade, porque hai zonas infantís que se converteron no refuxio...

A ponte sobre o río Cotarel volve unir as parroquias de Randufe e Pazos...

0
A infraestrutura vírase afectada polas choivas de xaneiro de 2023. As obras, cun investimento superior aos 192 mil euros, recuperaron o trazado orixinal do...

A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas aliaranse para potenciar o enoturismo...

0
O presidente provincial Luis López remarcou que a actividade, que terá lugar o domingo 10 de novembro e servirá para festexar o Día Mundial...

Manu Lourenzo, Carme da Silva e Uxío Benítez falarán este venres do novo modelo...

0
O alcalde de Soutomaior explicará a proposta do Goberno de Soutomaior para a humanización da N-550 ao seu paso por Arcade. O BNG de Soutomaior...

Publicacións Relacionadas