HomePontevedraA LamaUnhas 180 persoas mitigaron as altas temperaturas durante a xornada de piragüismo...

Unhas 180 persoas mitigaron as altas temperaturas durante a xornada de piragüismo organizada polo concello da Lama no río Verdugo

- Anuncio -spot_img

Un total de 6 quendas foron acomodando ás persoas que se inscribiron previamente na OMIX da Lama para participar nesta actividade incluída no programa do Verán Cultural.

Unha 180 persoas mitigaron as altas temperaturas participando na xornada de piragüismo posta en marcha polo Concello da Lama, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) no río Verdugo e que contou coa coordinación técnica e organizativa do Club de Piragüismo Vilaboa. 

Os participantes, provistos obrigatoriamente de chaleco salvavidas e supervisados por monitores do Club de Piragüismo de Vilaboa, participaron, ao final en 6 quendas corridas desde as 17 horas, para facilitar un acceso máis organizado e equitativo entre as persoas rexistradas previamente nesta actividade na OMIX.

Durante a xornada, estiveron presentes o alcalde da Lama, David Carrera, e o concelleiro de Cultura e Deportes, Plácido Pillado Alfaya, quen non se resistiu a dar unha volta cos seus netos e mesmo darse un chapuzón nas augas de “calidade excelente para o baño” que presenta o río Verdugo.

A praia fluvial de Ponte Verdugo conta con zona arborada, espazos de sol e de sombra, mesas e todo tipo de servizos, así como unha serie de melloras realizadas para mellorar o acceso a persoas con mobilidade reducida e con problemas de visión que fan deste lugar un dos preferidos non só dos residentes e visitantes da Lama senón doutros municipios limítrofes.

O éxito deste evento confirman que esta actividade pioneira na comarca do Verdugo-Oitavén é unha cita obrigada do verán para os veciños e veciñas da Lama e os seus visitantes xa que lles permite un maior goce do tempo libre familiar e favorece tamén a interrelación xeracional a través da práctica de actividades saudables e de encontro coa natureza.

Publicacións Relacionadas