A V Edición de STOCK MARÍN, celebrarase do 12 ao 14 de xaneiro, na Alameda “Rosalía de Castro” de Marín
A Concelleira de Turismo e Comercio, Dª Cristina Acuña e o Director Xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, D. Yonathan Carreira, presentaron esta mañá a V Edición de “Stock Marín”. A montaxe desta edición, lévase a cabo utilizando a carpa que se instalou na alameda, con motivo do Nadal.
Aproveitando unha das datas, nas que os establecementos comerciais, soen aplicar descontos e promocións moi significativos, como é o inicio da tempada de rebaixas tradicionais de inverno, 15 establecementos comerciais, participarán nesta edición de inverno, do “Stock Marín”.
Feira con grandes descontos
Os comercios ofrecerán a uns prezos con grandes descontos, productos relacionados cos seguintes sectores: Moda home – muller, moda infantil, lencería, complementos, calzado, calzado infantil, bisutería, papelería, material escolar, xoguetería e mercería. O horario do evento será de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 e a entrada será gratuíta.
Actividades Complementarias
Coa finalidade de contribuír á dinamizacion do evento, contaremos en horario da feira, co carrusel infantil do que poderán gozar, os máis cativos do fogar, sempre que as condicións metereolóxicas o permitan.
Ademais, o domingo 14 ás 18 horas, levarase a cabo no palco da música, o sorteo presencial da campaña de Nadal, no que a persoa gañadora, acadará un premio de 1.000€.
Establecementos participantes
A mi Love, Acolá Trend, Bambino, Bolboreta, Bule Bule, Carmencitas, El Armario de Alia, Librería Espacio Lector Nobel, Inés Marcos, Mercería Labores, Nayma Complementos, OSBS Clothing Two, Tamara Onlinee, Tamara Piel, Toscana Store.
O evento é organizado polo Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, e xurde por petición dos establecementos comerciais, que debido ao actual retraemento no consumo están acumulando stocks. Queremos agradecer a colaboración do Concello de Marín, e a cofinanciación da Xunta de Galicia, para poder poñer en marcha esta edición.

