Trátase dunha actividade familiar e lúdica cun percorrido sinxelo no entorno das Salinas e con sorteo de agasallos para rematar
Vilaboa acollerá este domingo 29 de setembro a Festa da Bicicleta da man do clube ciclista Val do Ulló e coa colaboración do Concello e da Deputación. Será a partir das 11 da mañán e no entorno das Salinas, cun circuito sinxelo e doada para participantes de todas as idades xa que o obxectivo é a promoción da bicicleta como medio de transporte sostible cunha actividade lúdica da que gozar en familia.
Por eso a organización recorda que será obrigatorio o uso do casco e que nenas e nenos menores terán que estar acompañados por unha persoa adulta que xestione a inscripción cando cheguen, sempre antes das 11 da mañán.
Ao remate do percorrido polas Salinas haberá sorteos de agasallados entre os portadores de dorsais, como incentivo para participar nesta actividade lúdica coa que o clube busca tamén promocionar a súa Escola de Ciclismo da que xa forman parte decenas de cativos e cativas con idades entre os 5 e os 10 anos de idade.
Todos os sábados se dan cita pola mañán no pavillón polideportivo do Toural para adestrar e participar en diferentes probas federadas que logo permiten aos deportistas participar en campionatos en todo España e acadar resultados moi ventaxosos para o club, como é o caso, entre outros moitos de Alba Fernández que a principios deste mes de setembro se proclamou en Huércal campiona da Copa de España de Pump Track 2024.