HomePontevedraVilaboa recibe ao profesorado do proxecto estatal "Raíces de futuro", proxecto que...

Vilaboa recibe ao profesorado do proxecto estatal “Raíces de futuro”, proxecto que impulsa a innovación educativa

- Anuncio -spot_img

O CRA de Vilaboa coordina esta iniciativa que une a catro centros escolares de distintas comunidades autónomas

O Concello de Vilaboa celebrou hoxe unha recepción  na sede do CRA do Toural para dar a benvida ao profesorado participante no Proyecto de Agrupación Escolar “Raíces del Futuro: Patrimonio Natural y Cultural a través del STEAM”, unha iniciativa promovida polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes que une centros de distintas comunidades autónomas arredor da innovación educativa e da aprendizaxe conectada co territorio.

O alcalde, César Poza, acompañado pola directora do CRA de Vilaboa, Conchita Pérez, recibiu ás docentes que estes días visitan o municipio no marco deste intercambio profesional. Participaron na xornada María del Carmen de la Cruz, do CEIP Casillas del Ángel (Puerto del Rosario, Fuerteventura); María Pérez Núñez, do CEIP Ramón Linacero (Alalpardo, Madrid), acompañada de tres mestras do centro; e Cándida María Vicente Pérez, do CEIP Máximo Cruz Rebosa (Piornal, Cáceres).

Durante o encontro, o Concello agasallou ás visitantes cunha placa do Entroido de Vilaboa e con produtos elaborados por Cabo de Peñas, un xesto que quixo poñer en valor dúas das señas de identidade do municipio: o seu patrimonio cultural e a súa tradición vinculada ao mar.

O CRA de Vilaboa exerce como centro coordinador deste proxecto estatal a desenvolver en dous anos, no que participan escolas rurais de diferentes comunidades autónomas españolas. Todos eles comparten unha aposta firme por unha educación próxima, personalizada e conectada co entorno, baseada no traballo por proxectos, no enfoque STEAM e na posta en valor da identidade local como motor da aprendizaxe.

“Raíces del Futuro” busca fortalecer a cooperación entre centros e promover unha mirada educativa que recoñeza o patrimonio natural e cultural como parte esencial da formación do alumnado, unha visión coa que Vilaboa se identifica plenamente eque no caso do CRA de Vilaboa centrará no Entroido de Cobres este curso e no medio natural no vindeiro.

Publicacións Relacionadas