A Asociación No Estamos Solos, que actúa en toda a provinciapero que ten a súa sede en Marín, organiza para a tarde do 1 demarzo unha xornada lúdica, pensada para que os nenos e nenasque sofren algún tipo de enfermidade se divirtan e se sintanacompañados, á vez que se fai unha labor de concienciaciónsocial
A Asociación No Estamos Solos, conformada por familias con nenos e nenas conenfermidades raras, organiza para o 1 de marzo no Multiusos da Praza de Abastosde Marín, de 17.00 a 20.00 horas, un día no que buscan visibilizar e normalizarunha realidade para a que precisan comprensión e apoio por parte de toda asociedade.
Esta día pretende ser unha razón para poñer o foco sobre a necesidade deacompañamento que teñen os nenos e nenas que padecen algún tipo deenfermidade rara e que normalmente pasan por un proceso de difícil adaptaciónao seu entorno, que debe arroupalos e axudalos.
O obxectivo da xornada é que haxa xogos inclusivos e que os máis pequenosdesfruten dun día de ocio en común, á vez que se visibilizan as súas dolencias e seclama por máis investigación neste eido.

