HomePontevedraVolve a Semana do Patrimonio invisible

Volve a Semana do Patrimonio invisible

- Anuncio -spot_img

O departamento de Memoria histórica ofrece 366 prazas repartidas en 23 visitas a un total de 7 espazos.
A reserva habilítase o 14 de xullo ás 12.00 horas na web patrimonioinvisible.gal

Son 18 espazos liberados desde a primeira edición da Semana do Patrimonio invisible.

A Semana do Patrimonio Invisible volve a Pontevedra do 17 ao 20 de xullo de 2025, ofrecendo unha nova oportunidade para explorar os segredos mellor gardados da cidade. Nesta quinta edición a Concellaría de Memoria histórica do Concello de Pontevedra apostou por dar a coñecer un total de 7 espazos, 4 deles completamente inéditos, ofrecendo 366 prazas distribuídas en 23 visitas guiadas para descubrir recunchos descoñecidos de edificios como:

A imprenta Peón, fundada en 1876 e en funcionamento ata decembro de 2024, foi unha as grandes imprentas históricas de Galicia. Na súa minerva Victoria, en 1939 imprimiuse a obra “Os Vellos non deben de namorarse” de Castelao e contou coa primeira maquina de offset de Galicia, que aínda se conserva.

A farmacia J. L- Domínguez (antiga Enrique Eiras Puig), constitúe un exemplo excepcional de botica que se mantivo practicamente intacta desde a súa inauguración en 1876, cos singulares estantes de estilo neogótico, numerosos frascos cerámicos orixinais de cerámica de Semana do Patrimonio Invisible – patrimonioinvisible.galTalavera e a orixinal pintura no teito, atribuída ao propio fundador Enrique Eiras Puig.

O Convento de San Francisco, foi o cenobio máis importante da vila, xunto co de San Domingos e lugar preferente de enterramento das familias nobres Pontevedresas durante a Idade Media e Moderna.
Por ese motivo acolle unha das máis importantes representacións de sartegos medievais de Galicia, entre os que destaca o do escritor e navegante Paio Gómez Chariño e a súa muller. Unha igrexa gótica maxestosa e un claustro magnífico son só algúns dos tesouros que agocha este cenobio.

Tamén de cara a esta edición se visitará o Café Moderno Afundación Pontevedra, que constituíu un dos epicentros culturais na Pontevedra da primeira metade do século XX. Foi o lugar de encontro de galeguistas ilustres como Bóveda ou Castelao, e de pintores da talla de Carlos Sobrino ou Laxeiro. A exemplar restauración de Álvaro Siza logrou conservar intacto o espírito Art Nouveau do seu interior.

Aos catro espazos novos súmase a continuidade de outros tres lugares que colleitaron un profundo éxito en pasadas edicións. É o da Igrexa de San Bartolomeu e a Casa do Barón, Parador de Turismo, aos que se lle engade a vella Casa Consistorial de Pontevedra, recentemente rehabilitada.

Como vén sendo habitual, as visitas aos espazos seleccionados, faranse en grupos reducidos, dun máximo de 15 persoas, buscando así garantir a calidade do discurso narrativo e a protección dos bens culturais.

Semana do Patrimonio Invisible – patrimonioinvisible.galPara poder reservar praza habilitarase, o luns 14 a partir das 12 horas, un formulario a través do sitio web do evento: www.patrimonioinvisible.gal. A fin de garantir a participación do maior número de persoas, cada solicitante poderá reservar un máximo de tres visitas para dúas persoas.

Desde a primeira edición en 2020, liberáronse 18 espazos, destacando especialmente a apertura pioneira do Convento de Santa Clara, así como outros lugares de interese como Villa Pilar, o Arquivo Histórico Provincial, o Pazo de Mugartegi, o Pazo de Gandarón, San Salvador de Lérez ou o Colexio Sagrado Corazón de Placeres.

Esta iniciativa reafirma o compromiso do Concello coa posta en valor e a divulgación da rica historia e o inmenso legado cultural de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas