Volve o Campus de Verán do Club Deportivo La Peña

adminON
Lectura mínima de 1

Desenvolverase en instalacións municipais, como A Raña e San Pedro, e ofrecerá aos nenos e nenas moito deporte, diversión e experiencias 

Un verán máis, o Club Deportivo La Peña celebrará o seu Campus de Verán, unha sexta edición que foi presentada na Praia de Portocelo polos responsables do club e polo concelleiro de Deportes, Antonio Traba. 

Trátase dun campamento para nenos e nenas de 4 a 16 anos que poderán desfrutar “dunha experiencia única”, en palabras do club, con equipación completa, merenda diaria, actividades multideporte, xogos lúdicos, veladas nocturnas, visitas de deportistas profesionais e actividades na natureza. 

O campus desenvolverase do 5 ao 11 de agosto en horario de 09.30 a 14.00 horas, de luns a xoves, no Pavillón da Raña e no campo de fútbol de San Pedro. O venres, os nenos e nenas do campos poderán quedarse unha fin de semana aloxados no CPR Sei San Narciso, en réxime de pensión completa, “para así vivir unhas xornadas inolvidables”. 

Desde o club lembran que existe servizo de transporte, facilitando paradas para achegar aos deportistas ate o Campus. Toda a información pode consultarse no seguinte enlace: https://app.cluber.es/clubes/ab4fc57ba22d6d04df958bb70109e746c428871c/pagos /665d907721941219030814

Comparte este artigo