HomeBaixo MiñoA GuardaXa están abertas as inscrición para a carreira pedestre da Virxe da...

Xa están abertas as inscrición para a carreira pedestre da Virxe da Guía

- Anuncio -spot_img
  • As carreiras celebraranse no barrio guardés de Ribadavila o domingo 31 de de agosto

s Festas da Virxe da Guía organizan un ano máis, en colaboración co Concello da Guarda, a súa carreira pedestre.

Trátase dunha carreira onde todos os participantes son benvidos desde os máis pequenos ata os máis maiores. As categorías dividiranse segundo a idade e en categoría masculina e feminina. Ademais, todos os participantes menores de 9 anos recibirán unha medalla.

As carreiras darán comezo na praza da Guía o domingo 31 de agosto ás 18:00 horas, percorrendo diferentes rúas do barrio de Ribadavila. Ao remate, farase entrega de trofeos aos tres primeiros de cada categoría e aos gañadores absolutos masculino e feminino.

As inscricións xa está abertas, enviando os datos ao correo asociacionfestasdaguia@gmail.com, pero tamén pode facer se o mesmo día da carreira na praza da Guía antes das 17:30h.

Publicacións Relacionadas