HomePontevedraO CondadoPreto de 400 nenas e nenos participan no Campatea Verán

Preto de 400 nenas e nenos participan no Campatea Verán

- Anuncio -spot_img
  • A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada da alcaldesa de Ponteares, Nava Castro, visitou ás nenas e nenos do campamento de verán

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada da alcaldesa de Ponteares, Nava Castro, visitou ás nenas e nenos do campamento de verán que se desenvolve no CEIP As Veigas e que desfrutaron dunha xornada na praia fluvial das Freixas durante o día de hoxe. Acompañadas do tenente de alcaldesa, Juan Carlos González, do concelleiro de Ensino, Ricardo González, e da concelleira de Benestar Social, Raquel Plana, entre outros concelleiros do grupo de goberno, participaron nos diferentes xogos organizados para as nenas e nenos do CampaTea Verán.

Neste encontro, o concelleiro de Ensino destacou que preto de 400 nenas e nenos participan nas distintas quincenas ofertadas para as familias. O CampaTea Verán desenvólvese no centro urbano pero tamén no rural para dar oportunidade ás familias do rural. Deste xeito, a primeira quenda de xullo celébrase no Centro Cultural de Bugarín  con 25 nenos/as; a 2ª quenda de xullo é no Centro Cultural de Prado con 30 nenas/os; a 1ª quenda de agosto será no Centro Cultural de Angoareas con 15 nenos/as e a 2ª quenda de agosto no Centro Cultural de Guláns con 29 nenos/as.

A alcaldesa de Ponteareas agradeceu o importante apoio da Consellería de Política Social que por segundo ano consecutivo outorgou ao Concello de Ponteareas o importe máximo da axuda,  55.000 euros para apoiar o desenvolvemento dun amplo programa de actividades de conciliación e sensibilización, entre elas o campamento urbano no centro educativo do centro urbano e outros no rural.

“Seguimos apostando polas familias, pola mellora dos servizos e pola vida no rural. Os campamentos de verán que tamén se ofrecen no Nadal e nas vacacións de Semana Santa son un importante recurso para as familias e tamén unha boa oportunidade para gozar dun tempo de lecer de calidade no que ademais de xogar aprenden”, explicou a alcaldesa.

Publicacións Relacionadas