O domingo 9 de novembro celebramos o Día Mundial do Enoturismo e con motivo de tal celebración o Concello de Salvaterra de Miño organiza unha xornada de portas abertas para descubrir o Museo da Ciencia do Viño ubicado no recinto amurallado.
De xeito gratuíto e por grupos os visitantes descubrirán este espazo de características únicas en España, un espazo de divulgación da viticultura e enoloxía altamente interactivo, didáctico e idóneo para o desfrute de toda a familia.
O horario de visita será de 11:00 A 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas e para inscribirse é preciso porse en contacto co museo a través do seguinte formulario https://forms.gle/CDLrCs22BWtyNKmS9



